Novas condicións de préstamo

Blog

O día 6 de outubro as Bibliotecas de Carballo pasamos a formar parte da Rede de Bibliotecas Públicas de Galiciaun conxunto organizado de bibliotecas e servizos bibliotecarios públicos de Galicia para o desenvolvemento e a planificación da oferta bibliotecaria pública. A nosa incorporación á rede está chea de novidades en canto ao funcionamento dos servizos bibliotecarios, que serán de gran interese para tod@s @s usuari@s de calquera das bibliotecas membros.

En primeiro lugar, o servizo de préstamo veráse modificado, tanto no número de exemplares como nos prazos de préstamo, que como norma xeral se verán aumentados e poderedes ter un servizo máis completo.

Tamén poderedes facer trámites como reservas ou renovacións de materiais desde a vosa casa, iniciando sesión no portal da Rede, no que tamén poderedes acceder ao catálogo e mirar os fondos que temos aquí e tamén os das outras bibliotecas membros. Acedede á páxina e veredes todo o partido que podedes sacar dela!

Ademais, teremos para vós un novo carné da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, que servirá para as Bibliotecas de Carballo e tamén para todas as demais dentro do territorio galego que formen parte dela. Informarémosvos na biblioteca cando estean dispoñibles.

Así, preparamos para vós un documento explicativo para vexades cales son as novidades:

Xa vedes que hai moitos cambios, verdade? Pois xa sabedes, a partir de agora somos parte dunha Rede, e por iso funcionaremos de forma conxunta coas demais.

Non dubidedes en facernos todas as preguntas que teñades con respecto a estas novas condicións, estaremos felices de poder contestalas!

Advertisements

Camiñando pola arte e a vida : faladoiro e guía de recursos creativos

#ABiblioPréstame,Actividades,Blog,Recomendamos

Onte tivo lugar na Biblioteca Rego da Balsa o faladoiro “Camiñando polas estrelas” da man de María Lema. Onte aprendemos que a arte non ten límites. A creativa María Lema emprendeu o seu proxecto “Caminando por las estrellas” de esculturas baseadas no Camiño de Santiago a partir dunha ilusión, dunha idea e dun sentimento.

Desa motivación provén a súa idea de esculturas en ferro como unha forma de levar consigo para sempre un recordo desa experiencia que a todos nos cambia. As súas esculturas recrean dun xeito único e orixinal diferentes conceptos e temas relacionados co Camiño, dándolles a cada unha das pezas un sentido e un motivo diferente.

Ademáis María convidounos a realizar con ela un “experimento” creativo. Realizamos un pequeno obradoiro de escultura e de Design Thinking, para mostrarnos que entre todos podemos crear unha gran obra de arte e tamén para demostrarnos que todos somos capaces de crear.

PicsArt_1458380266489

“A arte non é elitista e non entende de fronteiras nin barreiras, nin físicas, nin mentais, nin psicolóxicas”. Comentaba onte María Lema no Faladoiro.

Para que atopedes esa motivación que vos faltou sempre para emprender ou desenvolver unha idea creativa, un proxecto artístico ou facer daquela afección que tanto vos gustaba, unha profesión ou unha forma de vida.

O equipo da Biblioteca Rego da Balsa ademáis elaborou unha guía de recursos de información sobre artes plásticas que tedes dispoñibles para descargar na nosa conta de Issuu. Todas aquelas persoas interesadas pola arte e o proceso creativo, que queirades atopar axudas para desenvolver proxectos, obradoiros onde aprender ou lugares onde disfrutar da arte, podédesvos descargar esta guía de recursos artísticos locais con tan só un clic.