CABECEIRA WORDPRESS

Unha biblioteca de conto! (Edición xuvenil)

13 a 17 anos,Blog,Recomendamos

Hai un tempo vos ofrecemos unha guía de lectura ben interesante dedicada a libros de contos para adultos, lembrádela?

Pois agora tócalle a quenda ao público xuvenil, xa que á rapazada tamén lle gusta o mundo da historia curta. Xa deixaron un pouquiño atrás os contos infantís (anque nunca haxa idade para abandonalos de todo, non si?) e están nunha época da súas vidas na que buscan un tipo de literatura dedicada a el@s, unha literatura coa que identificarse.

Tamén sabemos que a adolescencia é un momento crítico que marcará os hábitos lectores no resto da vida, e en moitos casos ocorre que a xente nova abandona a lectura por falta de tempo debido ás cargas académicas ou por outros tipos de entretemento. Ese é o motivo de que recomendemos para os rapaces e rapazas unha lectura breve pero intensa, que faga que se enganchen e vexan a lectura como unha forma máis de lecer, que lles faga rir, soñar, pensar e sobre todo, desexar coller outro libro no momento de rematar o anterior.

O mundo da contística está ateigado de nomes de gran sona que escriben as súas historias para un público xuvenil, desde os irmáns Grimm, Guy de Maupassant, Agustín Fernández Paz ou Ramón Caride. E as temáticas son do máis variado, desde a fantasía, pasando polo drama ou a crítica social, anque as historias de medo e intriga son as que máis atraen á xente nova.

Para que vexades que a boa literatura non trata soamente de libros de cincocentas páxinas e que en pouquiñas palabras pódese dicir moito, deixámosvos a guía de lectura para público xuveil que elaboramos. Todos os exemplares que figuran na mesma están dispoñibles na nosa biblioteca, así que non agardedes máis e levádeos en préstamo!

TEXT HERE

30 de xaneiro, Día da Ilustración

Blog

Esta semana o mundo do Libro, a Banda Deseñada, e en xeral, as Artes están de celebración, xa que o vindeiro sábado será o Día da Ilustración en Galicia.

A elección desta data non é aleatoria ou casual, xa que coincide coa data de nacemento de Castelao, celebrando así unha das facetas desta importante figura da historia e da cultura galega. Castelao, ademais dun xenio das letras, foi tamén un xenio do lapis, e comezou a súa paixón polo debuxo e a ilustración sendo ben novo. E ben agradecidos que estamos, xa que as súas obras gozan dun equilibrio perfecto entre letra e imaxe, convertíndoo nun referente para comprender a historia moderna da nosa terra. Podedes consultar no noso catálogo os títulos dos que dispoñemos para que poidades levar en préstamo. E se queredes consultar a súa obra gráfica, propoñémosvos que visitedes o proxecto levado a cabo pola Universidade de Vigo que recolle un estudo minucioso sobre a obra gráfica deste galego ilustre. Fai clic aquí para consultalo.

pixlr_20160127152141589

A ilustración é algo máis que a “decoración” do libro, xa que nos ofrece un comentario gráfico do seu contido, un reflexo da sociedade na que apareceu o libro e, nalgúns casos, ata pode constituír principal motivo de interese.

Esta disciplina artística xa foi unha arte coñecida por exipcios, grecolatinos, bizantinos ou mozárabes desde épocas remotas, e na actualidade as técnicas utilizadas chegaron a tal perfección que os libros de hoxe poden chegar a ser verdadeiras obras de arte gráfica.

Por tod@s é coñecido o valor engadido que unha boa ilustración lle pode dar a unha obra, pero isto é aínda máis destacado cando falamos da literatura infantil, xa que é un xénero que non se pode explicar sen a ilustración. O mundo da ilustración de libros infantís está chea de recoñecidos e prolíficos homes e mulleres ao longo de toda a historia. Desde os clásicos, como Beatrix Potter ou Maurice Sendak, ata os máis contemporáneos, como Benjamin LacombeTom Schamp ou Ana Juan. Tamén na nosa terra temos grandes artistas que engalanan as historias infantís coas súas obras, como poden ser Dani Padrón, Paula Mayor ou Patricia Castelao, entre moitos outros que fan as delicias d@s máis pequen@s da casa.

pixlr_20160127201229478pixlr_20160127154838627IMG_20160127_154153

IMG_20160127_155538IMG_20160127_155238

Outro xénero que está intrínsecamente vencellado ao debuxo e diferentes técnicas de ilustración é o da Banda Deseñada. Porque que sería dun cómic sen imaxes? A este xénero pertencen títulos lexendarios mundialmente coñecidos que xa pertencen á memoria colectiva, como “Maus”, de Art Spiegelman ou “V de Vendetta” ilustrado por David Lloyd, pero tamén existen nov@s ilustrador@s que están a ter un gran éxito na actualidade e son todo un fenómeno de masas. En particular mencionaremos á nova corrente de españolas ilustradoras que están dando moitísimo que falar: Moderna de Pueblo, Monstruo Espagueti, Agustina Guerrero, Paula Bonet, Ana Oncina, Sara Herranz… E como non, en Galicia tampouco faltan artistas da viñeta, sendo o máximo exponente Miguelanxo Prado, do que temos varios dos seus títulos na biblioteca.

pixlr_20160127153306838pixlr_20160127151236823

IMG_20160127_201421IMG_20160127_155831

Na biblioteca temos preparada para vós unha exposición chulísima coa mellor selección de libros ilustrados, para que vexades que marabillas temos seleccionadas e celebremos tod@s o Día da Ilustración. Animádevos a visitala e desfrutade desta arte!

Untitled Infographic

Comezamos agosto… concursando!

#ABiblioPréstame,13 a 17 anos,7 a 12 anos,Blog

Benvido agosto, benvido o mes do sol, da calor, dos libros e dos concursos!!

Que porque dicimos isto? Pois porque na biblioteca comezamos agosto con moita forza, propoñendo @s máis pequen@s un concurso literario que lles encantará e que terá uns premios moi especiais.

En que consiste este concurso? Pois moi sinxelo!

Untitled Infographic

Haberá dúas categorías: Infantil (nen@s de 7 a 12 anos) e Xuvenil (rapazas e rapaces de 13 a 17 anos)

Os participantes elaborarán un microrrelato, conto ou poesía das seguintes características:

  • Extensión de 150 a 200 palabras, máis título.
  • Formato a dobre espazo e letra Times New Roman 12.
  • Non irá asinado, nin levará o nome do autor, senón que levará o pseudónimo que o autor elixa.

Os participantes terán do 1 de agosto ao 19 de prazo para enviar as súas creacións. Pódense enviar por correo electrónico a biblioteca@carballo.org ou achegándoas directamente á biblio.

O gañador ou gañadora de cada categoría será anunciad@ o día 20 de agosto, na Praza dos Libros, e o seu premio será…

Un vale de 30€ para gastar nas librarías de Carballo que teñan stand na Praza dos Libros!!

Pensade as marabillas que podedes mercar con ese agasallo: contos clásicos, libros pop-up, as historias máis tolas de Geronimo Stilton, libros sobre dinosaurios, historias de fantasía e amoríos… incluso audiocontos!!!

Este ano a Praza dos Libros celebrarase do 20 ao 23 de agosto e estará chea de sorpresas! Iremos informando, porque por suposto, a Bibliocarballo estará alí con vós!!

Ollade as bases completas:

Veña, rapazada, botade a voar o voso maxín e participade!