¿Queredes diversión?

#Blog,Infantil,Ludoteca,Recomendamos

Ola a tod@s!!!

Esta semana queremos contarvos o ben que o pasan @s nen@s  na Ludoteca: Obradoiros, contacontos, xogos, manualidades e unha chea de actividades didácticas coas que @s máis pequen@s o pasan en grande.

Na Ludoteca dispoñemos de material imprimible para que @s nen@s poidan realizar actividades didácticas todos os días, como por exemplo, colorear con lápices, ceras, rotuladores ou pinceis, diferentes debuxos: de animais, de bichiños, de paisaxes, transportes, flores e árbores, persoas, debuxos animados, para @s mais pequeniñ@s, creativ@s etc…  A pintura como forma de expresión é unha das ocupacións infantís máis fascinantes. Axuda a desenvolver a imaxinación e a perfeccionar a coordinación, ademais de exercitar a capacidade de concentración.

 IMG_4806IMG_4405

Queremos que os nen@s xoguen e se divirtan moito, e para iso son moi importantes os xogos. O xogo desperta reflexos, desenvolve múltiples  actividades, incentiva a intelixencia e fai que a nosa infancia sexa máis divertida e agradable, deixando fermosos recordos que nos acompañarán durante toda a vida. Aquí vos deixamos un vídeo dun dos obradoiros lúdicos que fixemos na Ludoteca este ano, “Xilófono de Cristal”.

IMG_4086IMG_6310

Os primeiros anos de vida son fundamentais para o noso crecemento: obtemos os primeiros saberes, aprendemos a través dos nosos sentidos, coñecemos o mundo que nos rodea e desenvolvemos as nosas capacidades. Por iso, é moi importante que @s nen@s estimulen a súa capacidade cognitiva, así como tamén a súa imaxinación e creatividade. Na Ludoteca compartimos c@s nen@s ideas para elaborar obxectos que poidan realizarse con materiais de reciclaxe ( cartóns e plásticos) e todo tipo de manualidades, deste xeito @ nen@ ademais de aprender, sinte un gran gozo e satisfacción realizando o seu propio xoguete.

 IMG_6307IMG_6238

 IMG_4660IMG_4715

  IMG_6319

A literatura infantil é tamén una ferramenta para transmitir saberes, valores e arte. A través dos contos, como a través do xogo, @ nen@ medra. E por iso que se producen cambios nas ideas e se adquire un maior vocabulario, o que permite comunicar cada vez de mellor xeito sentimentos e pensamentos.

 IMG_6330IMG_6320

Por todo isto, cremos que a literatura infantil ten múltiples funcións, polo que a consideramos de fundamental importancia para a educación d@s cativ@s. Na Ludoteca @s pequen@s dispoñen dunha grande variedade de libros para ler e mergullarse nun mundo incrible. Aquí, tod@s @s nen@s nos len contos e os máis valentes anímanse a participar en moitas das actividades que se organizan na biblioteca, entre elas “Pais e Nais contan”…. Cremos que en cada avó e avoa, pai, tí@, nai e nen@ existe un creador de relatos infantís. Para nós, é un honor invitalos a compartir aquelas historias inéditas e permitir que esa obra, tan querida, sexa coñecida e amada por moit@s máis pequen@s.

Contacontos, obradoiros, manualidades, xogos… como vedes na Ludoteca pasámolo en grande!! Aquí a diversión está asegurada!!

Obradoiros de Entroido na Ludoteca

Cousas da Ludo

entroido_obradoiros_ludo

Divertídevos nos Obradoiros de Entroido da Ludoteca! O día 13, 16 e 17 de febreiro tedes unha cita na Ludoteca para asistir aos obradoiros máis divertidos da temporada! Día 13: obradoiro de máscaras. Axudámosvos a realizar divertidas e coloridas máscaras! Día 16: saíde maquillados da Ludoteca, non vos recoñecerán! Día 17: obradoiro de disfraces para “dálmatas” ou “xirafas”… E vós de que ides?

Vide a divertirvos!

¡Xoguetes, xogos e imaxinación por un tubo!

Cousas da Ludo

Os máis cativos teñen aquí un espazo onde recrear as fantasías máis amplas: ser un gran cociñeiro, converterse nun bombeiro ou policía, introducirse en mares bravíos para ver quen pesca máis peixes, inventar novas melodías nunca escoitadas, descifrar imaxes descoñecidas… todo isto con xogos e xoguetes que promoven a súa creatividade dun xeito divertido e compartindo experiencias con outros compañeiros de lecer.

Serían moitas as historias a contar e interminables os viaxes do maxín nos que se embarcan estes pequenos aventureiros, pero adiantámosvos algúns exemplos creativos dos nosos visitantes para que vos vaiades facendo unha pequena idea…:

Urxencias 24 H:

Ainara

Se tendes algún tipo de dor ou mal que vos incordie, non vos preocupedes máis! Ainara, a  nosa doutora máis experimentada, atenderavos sen problemas. Podémola observar en plena acción: en canto este delicado pulpo lle contou o incidente que tivera, Ainara correu a auxilialo, calmoulle a dor de cabeza e inspeccionou que non ten ningunha patiña rota… Qué fariamos sen a axuda desta doutora!

“Cafetería Laura”:
Laura Rojo modificada

  Se o estómago vos ruxe, non dubidedes en ir tomar algo á Cafetería de Laura. Sabemos de  sobra que fai uns pasteliños boíiisimos, iso por  non falar do menú do día, cheo de verduras e  froita de tempada para coidar a liña. Acompañada  dos mellores axudantes de cociña, prepararanos  os pratos máis saborosos da comarca!

Buceadora de primeira:Submarino

Sabedes de sobra que para poder ter uns pratos  boísimos é preciso ter uns alimentos de primeira, e  iso soamente se consegue con axuda de bos  granxeiros, agricultores moi traballadores, ou, por  exemplo, unha gran pescadora como a da foto  seguinte, disposta a mergullarse nas augas máis  frías para traernos os mellores peixes á terra! Que  rico se come cando temos nen@s tan intrépid@s  pescando así de ben!

Capitáns Intrépidos:

Carla y Mateo 2 Mateo y Carla  Pero para intrépidos os nosos piratas: Carla e Mateo, dous irmáns dispostos a defender o barco cando calquera se atreva a abordalos por sorpresa! Non teñen medo algún a atravesar mares bravos e ir en busca de suculentos tesouros, estes dous grandes aventureiros están sempre dispostos a conquistar novos horizontes no seu barco pirata!

Ivan

Aventureiro sen fronteiras:

Outro gran aventureiro é Iván, un especialista en viaxes a toda velocidade, ben en coche ou avión. No seu garaxe persoal garda varios automóviles nos que recorre miles de km, e se a estrada lle queda curta, reserva algunha que outra avioneta para cruzar o inmenso ceo azul. Quen poidera viaxar tanto coma él!

Janet, arquitecta e construtora sen igual:

Sen embargo, se sodes de vida máis tranquila e preferides tomar o sol nunha hamaca no xardín ao carón dunha gran piscina, non dubidedes en encargarlle unha luxosa casiña a Janet, farávola nun intre con tódalas comodidades e detalles: balcóns, porche, banquiños para descansar… Un fogar co que ser a envexa da veciñanza! (E sen hipotecas!).

Janet Modificada

Poderíamos contarvos moitas máis historias, pero preferimos convidarvos á Ludoteca e que as poidades coñecer en persoa! Non esquezades que vos agardamos de Luns a Venres, de 17:30 a 19:30.