ESTE VERÁN: CULTURA PARA OS SENTIDOS

Blog

collage_verancultural

Carballo é música, Carballo é teatro,

Carballo é danza!

Como todos os anos o verán trae consigo infinidade de novas citas culturais en Carballo. Todos os venres e sábados durante os meses de xullo e agosto poderemos desfrutar dunha nova edición de Verán Cultural 2015, e en xullo do Festival Dando a Lata de Carballo.

Veran-Cultural-Carballo-2015 Maquetación 1

Para os que queirades continuar a festa na casa ofertámosvos na biblioteca moitos e diversos xéneros musicais para que ninguén quede a disgusto. Temos música para todos os gustos:

Indie e Rock local:

IMG-20150708-WA0006

100% recomendable o grupo de rock carballés Apart, que por certo actuarán o vindeiro 18 de xullo en Rego da Balsa dentro do Festival Pop-Rock Calvo que terá lugar a partir das 21 horas da noite.

12468H1

Se vos gusta o grupo Apart na biblioteca atoparedes ademáis grupos de Pop-Rock ou Indie que vos encantarán como Xoel López co seu disco “Atlántico”, entre outros.

Pop, Pop-Rock, Heavy, Flamenco, Rap, Hip-Hop, Fusión…

Que tes unha festa na casa? A que esperas para vir a biblioteca a escoller o teu cedé de música favorito. Hai para todos os gustos. Ofrecémosche a mellor música nacional de todos os tempos: Alaska (30 años de reinado),  Amaral (Pájaros en la cabeza), Estopa (La Calle Es Tuya?), Macaco (El Murmullo del Fuego), Fito & Fitipaldis (Por la boca vive el pez), Mala Rodríguez (Por la noche), Miguel Bosé (Papito), Melendi (Curiosa La Cara De Tu padre) …

IMG-20150708-WA0003

Rock, Heavy e Hip-Hop da terra…

Que é unha viaxe de verán sen baixar as xanelas a tope coa música a todo volume? Vide a buscar o mellor do mellor do Rock galego, 1000% recomendable. Estamos a falar de: Sés (Co Xenio Destrozado), Deus ke te crew (Humanose, Xénese), Ruxe-Ruxe  (Non temos medo) ou Heredeiros da Crus (20 aniversario). Aínda non os coñecedes?

20150709_104020

Chill Out, Folk, Música Popular…

Que non sabes a onde ir de vacacións? Non fai falta ir moi lexos para viaxar, con esta selección musical moitas veces che parecerá que estás noutros mundos afastados. Que paz e que tranquilidade! O momento “zen” que todos necesitamos ao final do día! Milladoiro (Iacobus Magnus), Carlos Núñez (Inter-Celtic), Leilía ou Anamoura ou Galicia Chill Out.

IMG-20150708-WA0000

IMG-20150708-WA0001

Salsa, Tango, Vals…

Seguro que algún de vós está a comezar o verán con duras sesións de adestramento para manter a forma? Porque non probades cunha das actividades físicas máis divertidas: bailar! Colle algún dos discos da colección de “Canciones para bailar” e rematarás por ser a estrela das verbenas do verán!

 IMG-20150708-WA0004

Música actual en español 

Pero se aínda estades indecisos atoparedes recollido o mellor do mellor do panorama musical en español coas dúas coleccións “Lo mejor de” e “Essential Albums”.

IMG-20150708-WA0005

 

Todo isto e moito máis o atoparedes na seción audiovisual de adultos! Vide a disfrutar da mellor música e compartide a nosa musica favorita a través da nosa conta de Spotify!

IMG-20150708-WA0008

Advertisements

PARA BIBLIONAMORADOS

#biblionamórame,Blog

AMOR… Que é o amor? Que efectos ten o amor en nós para ser o tema central de tan inmenso número de libros, cancións e demais obras artísticas ao longo da Historia?

Dependendo de a quen lle preguntemos, algúns nos dirán que o amor é sinónimo de felicidade, liberación, refuxio, unión, comprensión e xenerosidade. Para outros o amor é paixón, sufrimento, celos, discordia, angustia, tristeza e mesmo perigo.

Ao longo da historia da literatura a temática do amor e o desamor foi tratada dende diferentes perspectivas, pasando do amor sensual ao idealizado, do imposible ao recíproco, do cortés ao tirano ou do tráxico ao liberador.

Signifique o que signifique para vós o amor, de seguro que atoparedes na vosa biblioteca un libro, un disco ou unha película que desperte en vós as ganas de revivir sentimentos, ou mesmo de vivir as historias que nunca puidestes experimentar nas vosas propias carnes.

Quen non se emociona coa traxedia de amor prohibido de Romeo e Xulieta? Quen non desexaría vivir unha historia de amor no paraíso coma en “Memorias de África”? Ou cantos de nós tivemos un amor platónico e idealizado coma  o de Don Quixote hacia Dulcinea?

Na Biblioteca  Rego da Balsa temos un novo recuncho chamado #biblionamórame, creado especialmente para os amantes do xénero romántico, onde poderedes escoller libros, música, baile, historias, lecturas, aventuras e poesía para todas as idades cheos de amor, sentimentos, romanticismo e sobre todo moito corazón, para vivir o San Valentín máis romántico.

collage_#biblionamorame

Ademais, como sabedes que a literatura non é a única disciplina artística encomendada en corpo e alma ao amor, preparamos para vós unha listaxe de reproducción coas cancións máis románticas. Pensades que faltan cancións imprescindibles? Non hai problema, porque podedes engadir as que queirades dende o voso perfil de Spotify seguindo a lista, ou suxerírnolas nas redes sociais, e nós as incluiremos. Atoparedes a lista aquí.

E non vos esquezades, tedes ata o día 15 para participar no concurso #biblionamórame. Que non sabedes que é? Pois moi atentos, porque poderedes gañar un paquete para namorados…, para namorados da biblioteca! Para elo, debedes compartir con nós os materiais ou recunchos que vos namoran máis da biblioteca. Pode ser un libro, unha canción, unha película…, tamén podedes estar “biblionamorados” dalgún recuncho da biblioteca, coma a zona de lectura dos xornais, con eses sofás tan cómodos, da zona dos ordenadores ou da nosa mascota Sanxo…, do que queirades! Atoparedes máis información aquí.

#biblionamórame

Coa Biblioteca Rego da Balsa teredes un Día dos Biblionamorados perfecto!