Nadal 2016

Actividades,Blog

Xa estamos en decembro, quentando motores para as festas máis familiares e entrañables do ano: o Nadal!

Achéganse as cenas de traballo, o reencontros coas amizades que viven lonxe, as comidas suculentas ao redor dos nosos seres queridos, as panxoliñas, os agasallos e as caras de sorpresa e ilusión d@s máis pequen@s. As tradicións de toda a vida fan que o Nadal sexa unha época do ano para compartir e desfrutar ao máximo.

Na biblioteca tamén festexamos estas datas, e por iso temos preparado para vós un menú de actividades para Nadal que vai facer que o desfrutades aínda máis!

CARTAZ NADAL.png

Teremos os nosos habituais faladoiros, pero con temáticas propias das datas de Nadal, como o faladoiro a cargo de Galileo Nenos,  unha compañía dedicada á fabricación de xoguetes e xogos tradicionais para público de todas as idades,  que nos contarán todo o que hai que saber sobre a tradición galega no eido dos xogos e xoguetes, farannos unha demostración do que fan e deixarannos probar os seus produtos. Tamén teremos á Fundación Amigos de Galicia, quen nos contarán todo o traballo solidario que fan recopilando tapóns de plástico para recadar fondos en axuda de nenos e nenas que o precisan, e coñeceremos varios casos aos que atenden desinteresadamente.

Tampouco poden faltar as presentacións literarias,  nas que teremos con nós a Mónica Noya, presentando  Ex Vita Vite, un libro ben especial con documental incluído que fai un percorrido polo mundo do viño en Galicia. Abofé que en Nadal non debe faltar o bo viño! Outro convidado para presentar a súa obra literaria é Luís Pirucha, autor de Sanxenxo que nos visitará para darnos a coñecer a súa traxectoria, da que xa contamos con tres libros que mesturan relato, pintura e poesía. Ben interesante para agasallar!

Continuamos por suposto con actividades para a rapazada. Como sabemos que @s nen@s son @s grandes protagonistas deste época do ano, teremos para el@s contacontos, obradoiros de manualidades e música, xa que estarán con nós @s amig@s de Geriatros Carballo tocando coa pandeireta panxoliñas que deleitarán e emocionarán a todo o mundo, sexa cal sexa a súa idade. Non hai lugar para o aburrimento!

E ademais de todo isto, os compañeiros da asociación Senda Nova coa colaboración das escolas de Carballo e Coristanco prepararon unha exposición moi especial dedicada a unha figura máxica indispensable no Nadal galego: o Apalpador. “O Apalpador imaxinado” inclúe unha colección de láminas elaboradas polo alumnado destas escolas, nas que retratan ao Apalpador. O propio homenaxeado aceptou o noso convite para vir inaugarar a exposición, así que nos esquezades, o día 13 de decembro á tarde estreamos exposición co mesmísimo Apalpador, que virá saudar ademais a todos os nenos e nenas que veñan por aquí e queiran pedirlle algún agasallo especial para Noiteboa a tan ilustre convidado!

Pois nada máis que queda felicitarvos as festas e desexarvos un Nadal estupendo e un comezo de ano aínda mellor, pero sempre… na biblioteca!

FELICES FESTAS!

Chegou o Nadal na Biblioteca Rego da Balsa

#ABiblioPréstame,Blog

20141216_132656

Queres vivir o Nadal con nós? Pois súbete a este trineo que xa despega!

20141216_132601
Tedes unha cita co Apalpador o día 18 de este mes que acudirá a biblioteca a atender todas as vosas peticións! Por iso xa tedes dispoñible na biblioteca “O buzón do Apalpador” dende xa para quen queira deixar as súas cartas cos seus desexos, inquedanzas ou peticións, non vos cortedes, é Nadal!
 20141216_132627
Tamén a vosa bibloteca, branca como a neve, se viste de Nadal para vós con contos, m20141216_131253úsica, historias e aventuras dedicadas a estas datas. Aínda non víchedes a nova sección de recomendados que temos: non só está o libro do Apalpador, senon que tedes música especial Nadal con CDs como “Nadal en galego : Galicia canta ó neno” ou libros depregables para os máis que pequeniños , de 0 a 3, que aínda están a vivir as súas primeiras festas de Nadal, “O Nadal” (da serie Pimpín por aquí non vin), ou poden disfrutar con “Caillou, una Navidad mágica”! Os nen@s de 4 a 7 anos poden ademáis ler aventuras para nen@s como “La navidad de la cerdita Pepita” (da colección Montaña Encantada (Everest). Primeros lectores), e os de 7 a 12 poden disfrutar dos clásicos da literatura como “Contos de Nadal” de Manuel Rivas e con ilustracións de Miguelanxo Prado.
O Apalpador, para os que non o saibades, era un carbonero que segundo indica a tradición baixaba a noite do 24 ou a do 31 de decembro, a tocar o ventre @s nen@s para ver se comeran suficientemente durante o ano, deixando un montón de castañas, eventualmente algún regalo e desexándolles que tiveran un ano novo cheo de felicidade e comida. Neste caso, cremos na biblioteca que este ano o Apalpador quererá que 0 2015 sexa un ano de ledicia e moitas lecturas!!!
20141216_131405
Xa sabedes, sede bós e lede moito! Palabras de Apalpador! 😉
Felices Festas a tod@s!