¿Queredes diversión?

#Blog,Infantil,Ludoteca,Recomendamos

Ola a tod@s!!!

Esta semana queremos contarvos o ben que o pasan @s nen@s  na Ludoteca: Obradoiros, contacontos, xogos, manualidades e unha chea de actividades didácticas coas que @s máis pequen@s o pasan en grande.

Na Ludoteca dispoñemos de material imprimible para que @s nen@s poidan realizar actividades didácticas todos os días, como por exemplo, colorear con lápices, ceras, rotuladores ou pinceis, diferentes debuxos: de animais, de bichiños, de paisaxes, transportes, flores e árbores, persoas, debuxos animados, para @s mais pequeniñ@s, creativ@s etc…  A pintura como forma de expresión é unha das ocupacións infantís máis fascinantes. Axuda a desenvolver a imaxinación e a perfeccionar a coordinación, ademais de exercitar a capacidade de concentración.

 IMG_4806IMG_4405

Queremos que os nen@s xoguen e se divirtan moito, e para iso son moi importantes os xogos. O xogo desperta reflexos, desenvolve múltiples  actividades, incentiva a intelixencia e fai que a nosa infancia sexa máis divertida e agradable, deixando fermosos recordos que nos acompañarán durante toda a vida. Aquí vos deixamos un vídeo dun dos obradoiros lúdicos que fixemos na Ludoteca este ano, “Xilófono de Cristal”.

IMG_4086IMG_6310

Os primeiros anos de vida son fundamentais para o noso crecemento: obtemos os primeiros saberes, aprendemos a través dos nosos sentidos, coñecemos o mundo que nos rodea e desenvolvemos as nosas capacidades. Por iso, é moi importante que @s nen@s estimulen a súa capacidade cognitiva, así como tamén a súa imaxinación e creatividade. Na Ludoteca compartimos c@s nen@s ideas para elaborar obxectos que poidan realizarse con materiais de reciclaxe ( cartóns e plásticos) e todo tipo de manualidades, deste xeito @ nen@ ademais de aprender, sinte un gran gozo e satisfacción realizando o seu propio xoguete.

 IMG_6307IMG_6238

 IMG_4660IMG_4715

  IMG_6319

A literatura infantil é tamén una ferramenta para transmitir saberes, valores e arte. A través dos contos, como a través do xogo, @ nen@ medra. E por iso que se producen cambios nas ideas e se adquire un maior vocabulario, o que permite comunicar cada vez de mellor xeito sentimentos e pensamentos.

 IMG_6330IMG_6320

Por todo isto, cremos que a literatura infantil ten múltiples funcións, polo que a consideramos de fundamental importancia para a educación d@s cativ@s. Na Ludoteca @s pequen@s dispoñen dunha grande variedade de libros para ler e mergullarse nun mundo incrible. Aquí, tod@s @s nen@s nos len contos e os máis valentes anímanse a participar en moitas das actividades que se organizan na biblioteca, entre elas “Pais e Nais contan”…. Cremos que en cada avó e avoa, pai, tí@, nai e nen@ existe un creador de relatos infantís. Para nós, é un honor invitalos a compartir aquelas historias inéditas e permitir que esa obra, tan querida, sexa coñecida e amada por moit@s máis pequen@s.

Contacontos, obradoiros, manualidades, xogos… como vedes na Ludoteca pasámolo en grande!! Aquí a diversión está asegurada!!

Pais e Nais Contan, anótate!

Actividades

Na #biblioteca de Carballo temos unha nova #actividade mensual feita por e para vós. É a chamada “Pais e Nais contan”, na que moit@s voluntari@s da zona (nais, pais, avos, avoas, tí@s, educadores…) se atreven a contarnos unha historia para o desfrute d@s máis pequen@s da casa. Así, os nenos e nenas que se acheguen nesas datas sinaladas á Biblioteca Rego da Balsa poderán desfrutar con tódolos sensos os contos máis orixinais e con máis sentimento da comarca, posto que poden ser #contos que xa coñecemos, pero tamén poden ser inventados pol@ voluntari@.

Se coñecedes algunha cativa ou cativo ó que lle guste escoitar e ver as #historias, sentilas en primeira persoa… Non vos perdades estas oportunidades que nos ofrecen cada mes moit@s afeccionad@s e/ou profesionais dos contacontos. A maxia é para nen@s, pero tamén para maiores, vide e desfrutádea.
pais_e_nais_contan
Por outra banda, se queredes facer vós os #contacontos, animádevos e poñédevos en contacto co persoal da Biblioteca Rego da Balsa. Asesorarémosvos para saber como comezar, se é que o precisades! Ademáis, non tedes por qué seguir un libro concreto, podedes deixar voar a vosa imaxinación a canda a dos nenos. Se vos sentides máis seguros seguindo a pauta das follas é outra opción confiarvos a un libro da nosa biblioteca ou traer algún que queirades da vosa casa. Pero o máis importante é que vós mesmos desfrutedes da experiencia e tamén a vivades, que vos confiedes e expresedes o que vos din as palabras, que vos axudedes do potencial da vosa voz ou incluso, se queredes, de elementos externos (teas, marionetas, disfraces…). O esencial é que sexa unha experiencia de enriquecemento para tod@s.

dream-333815__180

Despois de ler isto seguramente teñades ganas de vivilo, ben como espectadores ou como protagonistas. Anotádesvos á experiencia? Que non vola conten!