Concurso Conéctat-e!

Blog

Hoxe en día, as tecnoloxías permítennos comunicarnos a tempo real con persoas da outra punta do mundo, coñecer en todo momento o que están a facer os nosos ídolos a través das redes sociais, descargar música e levar con nós centos de cancións nun dispositivo de pequenas dimensións e tamén acceder a información e tutoriais sobre calquera tema, en calquera idioma e en calquera formato, gracias ás telecomunicacións e a conexión a Internet, tanto desde teléfonos móbiles como desde ordenadores, tablets e demais instrumentos deseñados para manternos ao día na nos vida cotiá.

Tamén os hábitos de lectura experimentaron un cambio sustancial, xa que, anque aínda moitos prefiren o cheiro da follas de papel, cada vez son máis os que caemos rendidos ante as vantaxes dos ebooks, xa que nos proporcionan comodidade, espazo de almacenaxe case ilimitado e utilidades engadidas á experiencia da lectura. Ademais, unha cousa non exclúe á outra, e segundo as circunstancias podemos alternar entre formato tradicional e electrónico!

Cada vez máis, as tecnoloxías vanse abrindo oco nas nosas vidas, e desde a Biblioteca Rego da Balsa queremos aproveitar este tipo de recursos ao noso alcance para o desenvolvemento persoal e profesional das persoas que gozan dos servizos que lles ofertamos.

Por este motivo, e para que vos vaiades familiarizando con todas as oportunidades que vos ofrecemos, queremos poñer en marcha o concurso Conéctat-e, un concurso no que, ademais de participar e poder levar agasallos ben interesantes, coñeceredes outra forma de utilizar a información e novas plataformas onde abastecervos de lecer ou coñecemento.

Concurso.png

Así, desde o 24 de abril ata o 3 de xuño, todas as persoas que sexades socias da nosa biblioteca (ou vos deades de alta durante este período de tempo) e solicitedes a alta nas plataformas de préstamo de libros electrónicos GaliciaLe e en eBook DiCoruña nas nosas instalacións, entraredes no sorteo de diversos premios relacionados coa lectura dixital e dispositivos electrónicos.

Por outra banda, se compartides nas redes sociais (Facebook, Twitter, Instagram…) as vosas recomendacións de ebooks citando algunha das súas pasaxes , se nos contades cales son os dispositivos electrónicos que máis utilizades para ler, escoitar música…  ou mesmo nos dicides que é o que máis vos gusta do uso da tecnoloxía para consumir contidos informacionais e culturais (música, materiais con fins académicos, cine…), tamén participaredes no concurso, xa que as aportacións máis orixinais terán premio. Para iso, soamente tedes que subir o contido que queirades ás vosas redes sociais, etiquetarnos (en Facebook @Bibliotecas de Carballo, e nas demais rr.ss. @bibliocarballo), e utilizar o cancelo ou hashtag #ABiblioConéctate. Lembrade poñer en aberto a configuración de privacidade das vosas publicacións para que as poidamos ver!

Atrévete a Conectart-e coa Biblioteca Rego da Balsa, coñece novas formas de autoabastecerte de novos coñecementos e sorpréndenos cos teus aportes online! Participar pode ter premio!

Plataforma de libro electrónico eBook Dicoruña

Blog

Es afeccionad@ á lectura en formato dixital, onde podes ter un cento de libros na palma da man, ou eres máis tradicional e prefires o tacto e o cheiro do papel?

Sexa como sexa, sabes que as bibliotecas che ofrecemos ambas opcións, xa que ademais do préstamo de libros en papel, a Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia e a Deputación da Coruña prepararon dúas plataformas de préstamo de libros electrónicos.

A primeira é GaliciaLe, desenvolvida pola Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, e xa no seu día che explicamos como funciona.

Galicica-Le

A outra opción de préstamo de libro electrónico da que dispoñes é a chamada eBook Dicoruña, a plataforma de préstamo de libros electrónicos que a Deputación da Coruña pon en servizo, para tod@s @s usuari@s das BIBLIOTECAS MUNICIPAIS da provincia e @s propi@s da Biblioteca Provincial. Posibilita o préstamo temporal e gratuíto das principais novidades editoriais en formato dixital. Queres saber que tés que facer para poder descargar libros e desfrutar da mellor literatura no teu dispositivo electrónico? Pois é moi doado!

Para rexistrarte debes cumplir os seguintes requisitos:

  • Ser usuari@ rexistrad@ da Biblioteca da Deputación Provincial da Coruña ou de calquera outra das bibliotecas públicas da provincia da Coruña.
  • Ter polo menos quince anos de idade.
  • Contar cun dispositivo compatible e unha conta de correo electrónico.
  • Solicitar a inscrición en eBook Dicoruna acudindo á biblioteca na que esteas inscrit@ e facilitando o teu nome e apelidos e o teu enderezo de correo electrónico.
  • Unha vez inscrit@ recibirás unha mensaxe de correo electrónico para establecer o teu contrasinal e, a partir dese instante, poderás gozar da totalidade dos servizos que ofrece eBook Dicoruña.

Para tomar libros en préstamo, debes visitar a páxina http://ebook.dicoruna.es, onde poderás consultar o catálogo completo de eBook Dicoruña, e a continuación iniciar sesión. Unha vez dentro podes procurar no catálogo por título, autor ou materia, e ao pulsar o botón “Tomar en préstamo” que aparece xunto aos ebooks que sexan do teu interese, estes quedarán automaticamente emprestados ao teu nome e estarán á túa disposición durante un total de 21 días. Se o ebook do teu interese xa está emprestado a outro lector, poderás reservalo. Cando o libro estea dispoñible para ti, recibirás unha mensaxe de correo electrónico de eBook Dicoruna cun enlace para activar o préstamo.

1

 

2

 

3

Poderás tomar en préstamo ata un máximo de dous ebooks simultaneamente e reservar outros dous.

Se queres saber máis sobre as normas de préstamo, fai clic aquí.

Para ler os ebooks, soamente precisas un smartphone ou tablet dos sistemas Apple ou Android. Poderás descargar a aplicación gratuíta de lectura eBook Dicoruna e os ebooks estarán automaticamente dispoñibles na túa biblioteca, sen necesidade de transferilos.

4

 

Tamén é posible ler os teus ebooks en préstamo directa e comodamente a través do navegador do teu ordenador persoal ou do navegador doutros dispositivos. Para iso, só é necesario iniciar sesión en http://ebook.dicoruna.es e na pestaña “Meus libros” do espazo “A miña conta” pulsar sobre o botón “Ler” que aparece xunto a cada un dos ebooks en préstamo.

5

Se o prefires, poderás descargar os ebooks ao teu ordenador persoal (PC ou Mac) e lelos nel a través da aplicación gratuíta Adobe Digital Editions e unha conta Adobe ID, ou ben transferilos a outros dispositivos compatibles con Adobe DRM (tablets, smartphones, eReaders, etc.) tamén a través da aplicación gratuíta Adobe Digital Editions e unha conta Adobe ID. Poderás acceder, descargar ou transferir os teus ebooks ata en seis dispositivos distintos usando a mesma conta Adobe ID.

Non obstante, ocasionalmente, e en función das condicións establecidas polos editores, poderán encontrarse ebooks dispoñibles exclusivamente para aplicacións de lectura (Apple ou Android) e libros dispoñibles para descarga sen protección DRM.

Pois despois deste pequeno tutorial xa sabes como poder desfrutar dos mellores libros no teu dispositivo electrónico grazas ás plataformas públicas e gratuítas GaliciaLe e eBook diCoruña! Desfrútaas ao máximo, pero non deixes de visitarnos, que temos moito que ofrecerche 🙂

 

 

Volta ao cole!

#ABiblioPréstame,Blog,Recomendamos

Coa chegada de setembro chegan tamén as clases, @s amig@s que non viamos dende que empezou o verán, @s profesor@s antig@s e nov@s, as saídas escolares, o cheiro ao plástico do forro dos libros… Volve a escola, en definitiva, e as ganas de aprender máis cousas e chegar a conseguir novos obxectivos. Algúns/as de vós estaredes a piques de rematar unha carreira; outr@s comezaredes un novo ciclo escolar, máis duro pero interesante á vez… e outr@s simplemente compartiredes bos momentos c@s compañeir@s de turno, inventando, por que non, algunha que outra falcatruada 😀

Como xa sabemos, para moitas familias estes son tempos de dificultades económicas, por iso queremos facer unha selección que poida axudarvos na vosa rutina estudantil, para que poidades orientarvos con materiais e recursos que vos sirvan para facer traballos, ou, en xeral, para saber máis. Dende o público infantil ata o adulto, na biblioteca Rego da Balsa aportámosvos contidos de toda clase, para tod@s, porque ainda que ocupe cantos do noso edificio preferido, o saber non ocupa lugar!

Comezamos suxeríndovos libros que axudarán @s pequen@s da casa a comprender mellor o mundo que nos rodea e entender por que as cousas son como son. Este tipo de lecturas atoparédelas na sección Coñecer do corraliño ou ben do espazo de “4 a 7” anos, e van sinalizadas con pegatinas que levan un número 1 debuxado. Algúns exemplos son “O tempo” cos Bolechas; os libros que nos ensinan cores coma “Blanco, Negro, Amarillo, Azul, Rojo”; “Á escola con Iria”… só por mencionar uns poucos. Para os nen@s que xa non son tan pequenos, atopamos outra selección dos Bolechas, diccionarios visuais, o “Abezoo”, e un largo etc, que poderedes descubrir vindo á nosa biblioteca!

20150910_163838 20150910_163617 20150910_163511

Pero non soamente atoparedes libros educativos, tamén temos coleccións de dvd e xogos para PC cos que aprender unha chea de cousas! Un exemplo son os xogos de “aprender con Pipo”; outro son as coleccións de “Érase una vez…”; e outro son os “Hello Hoobs”, que ademáis de ensinarnos cousas en castelán nos permiten aprendelas en inglés! Por suposto, existen outras coleccións máis adaptadas a nen@s máis pequen@s ou máis grandes, coma “Crecer con los Lunnis” ou “Viaje a los Mundos Perdidos”…

20150910_163353 20150910_163342


Por outra banda, na zona de Saberes Infantil, atoparedes todas as enciclopedias e diccionarios que precisedes para elaborar con éxito as tarefas que vos manden no colexio. Sorprenderedes @s maiores e @s vos@s amig@s cunha chea de datos interesantes que antes non sabiades! Queredes botarlle un ollo aos pasatempos do saber? Apetécevos unha partida á mariola do coñecemento?

20150910_163313 20150910_163148 20150910_163024

Nas baldas desta sección seguramente atoparedes máis dun libro interesante que levar para descubrir o mundo no voso tempo de ocio, pois hai unha chea deles ben divertidos! Sodes máis de manualidades ou preferides a intriga das curiosidades matemáticas? Preferides os bichos ou gústavos máis aprender a decorar un cadro? Iso sen contar a aprendizaxe dos trucos de maxia que deixarán a tod@s coa boca aberta! Hai para tod@s!

20150910_162719 20150910_162705

Pero non soamente o público infantil pode desfrutar da aprendizaxe na nosa biblioteca, @s moz@s e maiores tamén atoparan información para elaborar teses doctorais, documentarse á hora de escribir un artigo, ou simplemente gozar do entendemento da arte a través da simboloxía que se nos mostra nalgúns ensaios artísticos…

20150910_162844 20150910_162828

E non podemos esquecer os recursos tecnolóxicos que vos prestamos na propia biblioteca para poder mergullarvos sen límite na ampla rede da Internet! Soamente con darnos o voso nome poderedes acceder a un dos nosos equipos informáticos para o que precisedes! Xa non hai escusa para vivir desconectado!

20150910_162806

E para os que non sabedes que disciplinas manexamos… soamente dicirvos que nos gusta a diversidade e que por iso tentamos ter un pouco de todo para tod@s!

collage

Preparade a mochila e abride a vosa mente a todo o que podedes coñecer… hai moito por descubrir! #ABiblioPréstame

20150910_164929

14 CITAS COA #ABIBLIOPRÉSTAME

#ABiblioPréstame,Blog
Actividades de Novembro e Decembro na Biblioteca Rego da Balsa de Carballo

Actividades de Novembro e Decembro na Biblioteca Rego da Balsa de Carballo

ACTIVIDADES INAGURAIS DE NOVEMBRO E DECEMBRO 

Obradoiros, nanas, concertos, masterclass, novas tecnoloxías, manualidades….todo ten cabida na Biblioteca. Presentámosvos este programa de actividades, todas elas de balde, e nas que será preciso inscribirse nalgunhas delas; podédelo facer na Biblioteca, a través do correo electrónico biblioteca@carballo.org ou no teléfono 981758580.

NOVEMBRO
  • OBRADOIRO DE IMPRESIÓN E ESCANEADO 3D. Marcos Saavedra. Vermislab. Con inscrición previa. +14 anos | Venres 7 |  19:00 h
  • A VIAXE DE NANO: CONTACONTOS PARA BEBÉS. Raquel Queizás. Con inscrición previa. Bebés de 0 a 3 anos |Mércores 12| 18:00h
  • PRESENTACIÓN LIBRO: EU ESTABA ALÍ. Afonso Eiré.  +14 anos | Xoves 20 |  19:00 h
  • MASTERCLASS: O SURF E A SÚA IMPLICACIÓN METEREOLÓXICA. ArtSurfCamp. Con inscrición previa. + 14 anos | Venres 21 |  19:00 h
  • ACTIVIDADE “PERROS Y LETRAS”:mellora das actividades lectoras coa cadela Linda.  Con inscrición previa. Entre 6 e 12 anos | Sábado 22 |  11:00 h
  • OBRADOIRO DE SCRAPBOOKING. personalización de cadernos, diarios e álbums. Patricia García. Con inscrición previa. + 12 anos | Martes 25 |  18:00 h
  • PRESENTACIÓN POEMARIO “A SEGUNDA LINGUA”. Yolanda Castaño. +14 anos | Xoves 27 |  19:00 h
DECEMBRO
  • OBRADOIRO DEMOSTRACIÓN DE BEATBOX. Carlos Gende “Xenderal”.  Con inscrición previa. +12 anos | Mércores 3 |  19:00 h
  • MASTERCLASS: INTRODUCCIÓN Á CREACIÓN DE OBXECTOS EN 3D ( Autocad e google sketchup). Diego Mosquera e Javimos Con inscrición previa. + 14 anos |Venres 5 | 19:00h
  • OBRADOIRO DE WASHI-TAPE. Patricia García. Con inscrición previa. + 12 anos | Martes 9 |  18:00 h
  • PRESENTACIÓN DA NOVELA “DENDE O CONFLITO”. María Reimondez.  +14 anos | Xoves 11 |  19:00 h
  • CONCERTO INFANTIL BRINCA VAI!  Paco Nogueiras . + 3 anos | Xoves 17 |  18:00 h
  • MASTERCLASS: COMUNICACIÓN sXXI: BLOGS, PRENSA DIXITAL E YOUTUBE”  Con inscrición previa.+14 anos | Venres19 |  19:00 h

PROGRAMA COMPLETO: Cartel_actividades_inaugurais_Biblioteca_nov-dec_2014