#Novidades de setembro

Blog,Novidades

Comeza setembro e con el chega o cheiro a libros e material escolar, o novo curso para nen@s e moz@s e a volta das vacacións de moit@s adult@s. Por iso, na biblioteca Rego da Balsa tamén recargamos pilas e traemos novidades para tod@s os públicos, para renovar o voso ocio literario e sorprendervos coas adquisicións que nos pedistes e que pensamos que tamén vos poderían gustar. Seguide lendo!

Renovamos a zona infantil con libros duros e de texturas, para que soporten o ritmo d@s pequen@s da casa. Así, algunhas das novidades que atoparedes nesta sección poden ser “La granja al dedillo”, para cativ@s de 0-3 anos e con texturas; “Wonder”, un libro de valores de 4-7 anos, ou “Manual para soñar”, para @s máis maiores de 7-12 anos, que invita a conseguir as metas e soños que nos propoñamos!

Na zona xuvenil continuamos a completar sagas, como a de “As Crónicas de Landereina” ou o manga “Evangelion”. Pero non nos olvidamos de traer novos títulos, como pode ser a novela apocalíptica “La quinta ola”, que manterá á nosa mocidade moi entretida desde a primeira páxina!

O público adulto poderá sorprenderse con novos títulos coma “Ser feliz en Alaska”, para traballar en nós mesmos cos consellos de Rafael Santandreu, ou “El azul es un color cálido” e “Normal”, libros que afondan nos valores de igualdade e tolerancia. Tamén recibimos novelas de diferentes autorías, algúnhas máis coñecidas que outras, como o caso da escritora de intriga Mary Higgins Clark ou a famosa Isabel Allende.

Lembrade que todo isto é soamente un bocadiño de todo o que podedes atopar na nosa biblioteca, entre novidades e materiais xa existentes desde que abrimos… Por iso non deixedes de visitarnos, seguro que atoparedes algo co que sorprendervos en cada visita! Agardámosvos 😀

Advertisements

#Novidades de #Verán

Blog,Novidades

Nestes derradeiros días de xuño, e antes de dar comezo ás festas de San Xoán dámoslle a benvida á nova estación estival con novidades literarias fresquiñas para todos os públicos.

Este mes incorporamos aos nosos fondos múltiples opcións que farán que as vindeiras xornadas de praia, festas e descanso adquiran un valor engadido grazas á lecturas que vos acompañarán.

Entre os novos títulos podemos contar con libros de temática feminista, que engrosan o noso recuncho “Debuxando a Igualdade”, o punto máis reivindicativo de guerrilleiro da biblioteca, no que atoparedes historias de grandes mulleres que loitaron e continúan loitando por acadar a igualdade de dereitos para todos e todas e adaptacións de contos clásicos nas que por vez primeira veremos ás princesas máis independientes, aos príncipes máis libres para expresar os seus sentimentos e ás madrastras máis humanas e boas que nunca.

Teremos tamén adaptacións de grandes obras de literatura universal para público infantil traducidas ao galego, da man da colección Mini Clásicos, publicada por Embora. O Quixote, O Chepudo de Notre Dame, ata A Odisea de Homero son algún dos títulos que @s máis pequen@s poderán coñecer de primeira man!

NOVIDADES VERÁN INFANTIL

A rapazada adolescente verá reflectido o seu espírito rebelde en novelas como “”Marxinados” ou “Nunca seré tu héroe”, e poderán comprobar que a historia está chea de inconformistas como el@s que chegaron ben lonxe e cambiaron o mundo para mellor na “Enciclopedia de rebeldes, insumisos e demás revolucionarios” ou “Enciclopedia de malos alumnos y rebeldes que llegaron a genios”.

NOVIDADES VERÁN XUVENIL

Os adultos poderán atopar nas baldas de “Novidades” as novelas de Elena Ferrante, a enigmática autora de identidade descoñecida tan alabada pola crítica como polo público, cuxa saga “La amiga estupenda” (tamén dispoñible na biblioteca) será levada á pantalla pola prestixiosa canle HBO. Non podemos agardar! O título recentemente  incorporado á nosa colección é “Crónicas del desamor”, unha recopilación das tres primeiras novelas da autora.

NOVIDADES VERÁN ADULTOS

Temos tamén para vós o fantástico “El libro de Gloria fuertes”, de Blackie Books, que conta a vida e a obra dunha poeta xenial que viu a súa literatura ensombrecida primeiro por ser muller, despois pola súa clase social e finalmente pola súa fama, e á que lembramos no ano do centenario do seu nacemento.

Como podedes ver, a temos moitas cousas interesantes que ofrecervos, pero lembrade sempre que na biblioteca tedes moito máis, e que descubriredes máis sorpresas botándolle un ollo ás nosas baldas de novidades.

Porque non é o mesmo que cho conten que velo por ti mesm@!

Novo ano, novas lecturas

Blog,Novidades,Recomendamos

Xa está aquí 2017, un novo ano que promete novas experiencias, novas aprendizaxes e novas emocións! A biblioteca quere contribuír a que comecedes a acumular todos eses momentos e sensacións inéditos, con novas sorpresas en forma de lecturas, música e cine para todos os gustos, idades e personalidades.

Durante este último mes fomos recibindo novidades marabillosas que estivemos catalogando arreo, xa que queriamos que as tiverades dispoñibles para entrada de 2017, e así o conseguimos.

E non pensedes que son tres ou catros libriños… máis de 400 exemplares dos máis diversos formatos, temáticas e seccións vos agardan nas seccións de novidades da biblioteca!

Unha gran parte destas novidades está constituída polo Premio María Moliner, organizado polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, que nos foi outorgado polo proxecto de animación á lectura levado a cabo durante o pasado 2016. A verdade é que foi un lote de máis de 150 exemplares dos títulos máis novedosos e especiais, edicións únicas de clásicos da literatura e decenas de contos premiados polas súas historias e ilustracións nos mellores certames literarios… un verdadeiro tesouro que tedes ao voso dispor a partires de hoxe mesmo!

Consultade o boletín de novidades (é descargable e imprimible desde o noso Issuu) que confeccionamos para vós, onde poderedes ver todas as novas incorporacións do catálogo para este inverno. Como sabedes, podédelas levar en préstamo se sodes soci@s!

Desfrutádeas!

Novidades literarias Xullo ’16

#Blog,Blog,Recomendamos

Comeza xullo, un mes de sol, praia e festa. O verán está máis forte ca nunca e vemos a vida con máis ilusión e alegría que en calquera outra época do ano.

E cal é o complemento perfecto para este mes? Pois unha boa lectura! Un bo libro é o acompañante perfecto para os días de praia ou de relax no campo. É o noso mellor amigo para cando fai tanta calor que un prefire quedar na casa tranquilamente. Ata é un alivio ao aburrimento e a carraxe para cando os mosquitos non nos deixan durmir pola noite!

Na Biblioteca Rego da Balsa temos un verdadeiro arsenal de novos títulos para amenizar o voso verán: novela de adultos, contos para pequech@s, banda deseñada para público xuvenil e libros de información de todas as materias imaxinables estarán agardándovos na biblio.

Queredes botarlle un ollo ás novidades antes de achegarvos e ir elixindo xa a vosa próxima lectura? Deixámosvos o boletín de novidades con todo detallado. Tamén podedes visitar o noso perfil de Issuu para consultalo e ver outras guías de lectura de diferentes temáticas.

 Comezade o mes de xullo con moita enerxía acompañad@s da mellor lectura!

Ano novo, libros novos!

Blog,Novidades,Recomendamos

Benvid@s a 2016, querid@s usuari@s!

Como foron as festas de Noiteboa, Nadal e Noitevella? E sobre todo, tivestes moitos agasallos do Apalpador e dos Reis Magos?

Seguro que si, porque este ano fostes ben boíños, xa o sabemos nós… por iso, decidimos falar cos Reis Magos e co Apalpador para pedirlles que vos trouxesen algún detalliño tamén pola biblioteca! E sabedes que? Pois que as nosas peticións foron oídas, e neste novo ano poderedes desfrutar das mellores novidades editoriais grazas aos poderes máxicos do Nadal!

Recibimos de todo: libros, pelis, música e ata audiocontos, para @s máis pequen@s e para adultos. Aventuras, aprendizaxes básicas, ciencia-ficción, clásicos, animación, cociña, poesía, psicoloxía, música do máis variado, películas de estrea… todos os estilos, temáticas e xéneros imaxinables!

A que esperades para abrir os vosos agasallos e abraiarvos con todas as novidades que vos ofrece a biblioteca este novo ano? Para facervos a tarefa máis doada, elaboramos para vós unhas fantásticas guías por idades para que poidades consultar todos os títulos novos dos que dispoñemos. Podédelas descargar ou coller na propia biblioteca, xa que están á vosa disposición. E non esquezades que se buscades algunha obra en concreto podedes consultar no noso catálogo a súa dispoñibilidade!

Catálogo de novidades infantís para nen@s de 0 a 3 anos:

Para os bebés presentamos a colección Bebé Inteligente, da editorial Susaeta, unha colección de libros clasificada por idades, dende 0 a 24 meses, na que atoparedes a mellor selección de libros que estimularán a linguaxe, emocións e imaxinación d@s máis pequen@s da casa. Ademáis desta colección poderedes atopar outro tipo de títulos igualmente interesantes, e novas series de deuvedés que lles encantarán, como Dinotren, Unizoomi, Dora la Exploradora ou Babyskool.

Catálogo de novidades infantís para nen@s de 4 a 7 anos:

Para @s cativ@s de 4 a 7 anos temos un lote de cousiñas novas tamén, como os últimos libros de Os Bolechas, ou as series de debuxos de Bob Esponja ou Geronimo Stilton. Si, si, o mesmo Geronimo dos libros está en formato deuvedé, para que vivades todas as súas aventuras en movemento!

Tamén presentamos novos títulos da editorial La Fragatina, como Kiwi, O rei dos animais ou Só un reloxo, verdadeiras xoias pola súa coidada presentación e emocionantes historias, que desfrutaredes a tope tanto nen@s como maiores.

Para @s que busquedes que @s vos@s nen@s convivan nun ambiente plurilingüe e se afagan a idiomas como o inglés, temos para vós unha colección de contos infantís nesta lingua da editorial Sieteleguas.

Todo isto, as novidades en audiocontos e moito máis lles espera ao público de 4 a 7 aniños!

Catálogo de novidades infantís para nen@s de 7 a 12 anos:

Para @s nen@s xa máis grandiñ@s temos moitísimas novidades interesantes tamén!

Coleccións que rachan de éxito, como El Diario de Greg, El Diario de Nikki, Geronimo Stilton, Los Futbolísimos, Junie B. Jones, Las Crónicas de Narnia, Agus y los Monstruos ou a saga de cómic manga Keroro incorporan novos títulos ao noso catálogo.

Temos tamén novidades do máis intrigante, como Carmilla, ou coas que escacharás de risa, como El libro sin dibujos, xunto con libros informativos de calquera tema imaxinable. Ata poderás coñecer as aventuras do mediático chef Chicote e aprender algunha das súas receitas en Las suculentas aventuras de Chicote!

E na sección de audiovisuais non perdades a selección dos mellores filmes de animación, porque é un imprescindible. Tamén poderedes desfrutar en familia do xa clásico de manga de animación Dragon Ball, do que temos todas as temporadas!

Catálogo de novidades xuvenís para rapazada de 13 a 17 anos:

Para o público xuvenil temos tamén novas incorporacións en sagas como Divergente, Los juegos del hambre, El juego infinito, La caída de los reinos, Cazadores de sombras, Legend, Silber ou After, ademais de títulos tan especiais como Verdad o mentira, de Jimmy Liao, un artista cuxos libros son obras de arte cheas de sensibilidade e poesía, ou o novo título de Blue Jeans, Algo tan sencillo como tuitear te quiero, unha historia de amor irrepetible. Botádelle un ollo ao catálogo e alucinade con todas as novidades en galego e castelán que temos para vós!

Catálogo de novidades para adultos:

E non pensedes que soamente temos novidades para nen@s e moz@s. Para adultos hai títulos a esgalla para encher de lectura e lecer os primeiros meses do ano! As últimas triloxías de Dolores Redondo ou Ken Follett, o novo éxito editorial de Maxim Huerta, No me dejes, A saga Juego de Tronos, os interesantísimos libros que nos deixou Oliver Sacks antes de falecer o pasado agosto ou o máis novo de Diego Ameixeiras son só uns dos moitísimos títulos literarios que vos ofrecemos este xaneiro.

E non todo é literatura, xa que tamén tedes música, cine e banda deseñada, como os exitazos do momento Croqueta e Empanadilla ou Diario de una volátil, ademais de libros de información sobre cociña, saúde, festas tradicionais e mesmo exiptoloxía!

Por último, pero non por iso menos importante, temos que lembrarvos que 2016 será o ano no que se dedicará o Día das Letras Galegas a Manuel María, e por iso conseguimos para vós unha completísima colección de material deste ilustre autor da nosa terra. Son títulos do máis variado, para todos os públicos, e que farán que coñezades a perfección a súa vida e obra, que honramos este ano especialmente todos os galegos.

Queremos agradecer especialmente á Biblioteca da Deputación da Coruña e á Fundación Manuel María, por falar co Apalpador e os Reis Magos e facer posible que moitos destes materiais formen agora parte do noso fondo 😉

A que todas estas novidades son fantásticas? Pois non agardedes máis e consultádeas na biblioteca, levádeas para casa e desfrutade delas ao máximo! Toda a biblioteca está engalanada con estes marabillosos títulos por todas as súas estanterías. Non as perdas!

Xa sabedes: Ano novo, libros novos!

Novas lecturas para o 2015

#ABiblioPréstame,Blog
ler para crecer

Novas lecturas para o 2015!

Este 2015 comezamos o ano na Biblioteca Rego da Balsa con novas lecturas para vós. Desde a nosa apertura o día 24 de outubro de 2014, Día das Bibliotecas, recibimos unha gran cantidade de doazóns  de veciñ@s e personalidades de Carballo, polo que aproveitamos para agredecer encarecidamente ese esforzo desde a biblioteca.

Ademáis comezamos o  ano con novidades nos diversos xéneros literarios que non vos podedes perder:

“Tan fuerte, tan cerca” de Jonathan Safran Foer.

Xénero: intriga y misterio.

Oskar Schell é un neno de nove anos moi especial, dotado dunha aguda sensibilidade e dun talento versátil, que, tras perder o seu pai o 11 de setembro de 2001, encontra entre os aparellos do defunto un sobre coa palabra «Black» escrita no dorso e unha chave no seu interior. Inmediatamente o pequeno decide que esa chave resolverá o misterio do último día do seu pai, explicará por que estaba nas torres, cal foi o motivo da súa morte.

“La isla bajo el mar” de Isabel Allende.

Xénero: novela romántica.

“La isla bajo el mar” de Isabel Allende narra a azarosa historia dunha escrava no Santo Domingo do século XVIII que logrará librarse dos estigmas que a sociedade lle impuxo para conseguir a liberdade e, con ela, a felicidade. Esta é a historia de Zarité, unha rapaza mulata, que aos nove anos é vendida com ou escrava ao francésValmorain, dono dunha das máis importantes plantacións de azucre da illa de Santo Domingo. Ao longo da novela viviremos corenta anos da vida de Zarité e o que representou a explotación de escravos na illa no século XVIII, as súas condicións de vida e como loitaron para conseguir a liberdade.


Tamén na liña dos relatos atoparedes as seguintes novidades:

“55” de Xavier Queipo.

Para celebrar o 55 aniversario da súa vida, Xavier Queipo presenta 55, unha colección de 55 relatos (56 se contamos o limiar, sempre evocador). Este libro configura un mosaico de historias en alquimia perfecta de realidade e ficción, de espellos deformantes, a medio camiño entre a erudición e a lembranza de vidas pasadas ou posíbeis.

“Salseiros” de Suso Lista.

Unha recompilación de textos, cheos de sal e ironía, de lembranzas,vén a demostrar a arte déasche polifacécito artista, que xa está a armar a travésrede unha especie de exposición de arte efémera coas formas dás areaspraia do Osmo espectacular.

“Sonámbulos” de Suso de Toro.

Somnámbulos é un libro que inclúe tres historias, ou relatos curtos. Nos tres, os protagonistas sofren claros problemas para durmir (de ahí o título do libro) e as historias narradas transcorren nunha mesma época: un pasado común e moi recente.

“As ilusións estrañas” de Antón Dobao.

A fronteira entre ou real e ou imaxinario, ese territorio non que a realidade parece que perde a súa consistencia, é ou lugar onde aniñan “Ás ilusións estrañas”. Trátase do xogo de ficción, no que o autor introduce a quen lsen que, ata ou momento preciso, este se dea decatado das regras que gobernan os feitos e a xente dese mundo aparentemente próximo e doadamente intelixible.

“Instruccións para tomar café” de Manuel Núñez Singala.

Cunha temática diversa que vai do humor e as preocupacións lingüísticas a unha volta dos contos populares, o autor manexa dentro do breve rexistros que abranguen a sorpresa, a reflexión a xeito de microensaio, a fantasía, os contos…

Novidades na biblioteca.

Novidades na biblioteca.


Pero ademáis vos damos máis pistas para que elixades as vosas novas lecturas de 2015, vos presentamos algunhas das obras máis prestadas do último trimestre de 2014: