Un Samaín de medo e libros!

#ABiblioPréstame,Actividades,Blog,Recomendamos

Estamos nunca época do ano  que nos encanta: o Samaín! Ao contrario do que moitos pensan, esta festividade non é propiedade exclusiva das culturas anglosaxonas, senón que tanto esta coma outras culturas a tomaron emprestada dos celtas. Si, si, os nosos ancestros!

O Samhain é a festividade de orixe celta máis importante do período pagán que dominou Europa ata a súa conversión ao cristianismo, na que a noite do 31 de outubro ao 1 de novembro servía como celebración da fin da tempada de colleitas e era considerada como o «Ano Novo Celta», que comezaba coa estación escura. É tanto unha festa de transición (o paso dun ano a outro) como de apertura ao outro mundo. A súa etimoloxía é gaélica e significa ‘fin do verán‘.

Os antigos celtas crían que a liña que une este mundo co Outro Mundo estreitábase coa chegada do Samhain, permitindo aos espíritos (tanto benévolos como malévolos) pasar a través. Os devanceiros familiares eran convidados e homenaxeados mentres que os espíritos daniños eran afastados. Crese que o uso de disfraces e máscaras débese á necesidade de escorrentar aos espíritos malignos. O seu propósito era adoptar a aparencia dun espírito maligno para evitar ser danado.

Como ben sabedes, esta festa foi adoptada por diferentes culturas e países, sobre todo anglosaxóns como Canadá, Estados Unidos, Irlanda ou Reino Unido, e, en menor medida, noutros lugares como España e Latinoamérica, renomeándoa como Halloween.

En Samaín as historias de medo e terror están tamén invadindo a biblioteca… En calquera recuncho no que miredes haberá música que ambientará as vosas noites de aquelarres, as películas máis terroríficas para as noites de treboada e sobre todo os grandes clásicos da literatura gótica e de intriga e misterio, tamén as novidades do xénero, e por suposto, banda deseñada coas viñetas máis escuras que vos poidades imaxinar… Hai Samaín para todas as idades e para todos os medos…

20151027_104900 20151027_104400 20151027_104936

20151027_104910(2)  20151027_104050 20151027_104927

E como hai para todas as idades e gustos, elaboramos para vós unhas guías de lectura con recomendacións por idades dos materiais máis terroríficos e misteriosos. Botádelles un ollo!

2 3 4 5

A relación de títulos que recomendamos nas guías son os seguintes:

Ata 7 anos:

  • A casiña de chocolate (AUDIOCONTO). Galaxia.
  • Imagina una noche. Sarah L. Thompson. Juventud.
  • Verlioka. Patacrúa & Magicomora. OQO.
  • Raquel ten medo. Agustín Fernández Paz. Xerais.
  • O gran libro dos medos do rato pequeno. Emily Gravett. Patasdepeixe.
  • Onde viven os monstros. Maurice Sendak. Kalandraka.
  • Corre, corre, cabaciña. Eva Mejuto & André Letria. OQO.
  • Que medo, mamá Raquel! Agustín Fernández Paz. Xerais.
  • La sombra de Laura. Vicente Muñoz Puelles. Algar.

De 7 a 12 anos:

  • Xela volveuse vampira!! (Libro+CD). Fina Casalderrey. Edicións B.
  • A pantasma de Canterville. Oscar Wilde. Embora.
  • A noite de Samaín. Pepe Carreiro. Toxosoutos.
  • Intriga en Luxor. Bjorn Sortland. Edelvives.
  • El ataúd del vampiroThomas Brezina. SM.
  • Ada Goth y el fantasma del ratón. Chris Riddell. Edelvives.
  • Escarlatina, a cociñeira defunta. Ledicia Costas. Xerais.
  • As bruxas. Roald Dahl. Xerais.
  • Donde viven los monstruos. DVD.

Xuvenil:

  • Historias de miedo (1, 2 e 3). Alvin Schwartz. Everest.
  • A capela maldita. Mario Franco. Toxosoutos.
  • La sombra del gato y otros relatos de terror. Concha López Narváez. Alfaguara Obradoiro.
  • Cuentos de terror de los objetos malditos. Chris Priestley. SM.
  • El día de los inocentes. Richie Tankersley Cusick. Gaviota.
  • Donde surgen las sombras. David Lozano Garbala. Gran Angular.
  • En tierra de nadie: El amanecer de Reeker. DVD.

Adultos:

  • O corazón do negror. Joseph Conrad. Faktoría K.
  • Frankenstein. Mary Shelley. Edicións B.
  • No confíes en Peter Pan. John Verdon. Círculo de lectores.
  • La dama de blanco. Wilkie Collins. DeBolsillo.
  • El chico de la casa en llamas. Tim Wynne-Jones. Edelvives.
  • Drácula. Bram Stoker. Círculo de lectores.
  • A la sombra del maestro: cuentos clásicos. Edgar Allan Poe. Mosaico.
  • Halloween 4. DVD.
  • Sweeney Todd. DVD.

Trick

Por suposto, estades invitados a achegarvos a tarde do venres 30 e celebrar Samaín con nós, xa que decoraremos a biblioteca coa vosa axuda, e como non, teremos unha sección dedicada aos disfraces, onde vos poderedes sacar fotos no noso photocall coas máscaras e antifaces que temos preparados para vós. Tamén na Ludoteca haberá sorpresas para @s máis pequen@s de 17:30 a 19:30. Non podedes faltar, entre tod@s faremos deste Samaín unha auténtica diversión terrorífica!

Mouchos, coruxas, sapos e bruxas. Demos, trasgos e diaños. Pantasmas, vampiros, gatos negros, caveiras, casas encantadas, espíritos malignos e non tanto, misterios sen resolver… todo isto e moito máis teredes na vosa biblioteca este Samaín! 🎃👻👹💀 #ABiblioPréstame

Advertisements

En #bibliocarballo… Un mar de libros!

Blog,Recomendamos

Nestes días estámonos xa preparando para a chegada do verán… o San Xoán, as cachelas, as sardiñas, a calor, a praia, a roupa lixeira… que ganas temos, verdade?

Pois para ir quentando motores, na #biblioteca pensamos en algo refrescante, liberador e típicamente estival, algo co que todos devecemos por desfrutar. Seguro que sabedes que é… claro que sí, é o Mar!

O mar é fonte de vida, de lecer, de liberdade e de ledicia. Pero o mar tamén ten perigos cando está bravo, e alberga criaturas verdadeiramente misteriosas. Por todo iso, mares e océanos levan sendo personaxes protagonistas e escenario de numerosos libros, películas e incluso pezas musicais ao longo da historia das Artes.

Por suposto, o #ConcellodeCarballo ten unha costa rica e fermosa, con praias paradisíacas e portos pesqueiros cheos do saboroso e variado peixe autóctono. Como homenaxe ao mar carballés, convocouse o mes pasado o Premio Fotopoético Carballo mirando ao mar, de fotografía, textos poéticos, fotopoema e videopoema, que ten por obxectivo a posta en valor do Lugar de Importancia Comunitaria Razo-Baldaio. Dito Premio foi concedido polo xurado, presidido polo alcalde, o día 3 de xuño e otorgouse  a “A miña avoa el”, de María Rita Más Ybáñez na categoría de Videopoema, a “Baldaio, Paraiso baixo as estrelas”, de Marcos Regueira Ramos na categoría de Fotografía, e a “Serea Silente” de Daniel Ernesto Loncan Araujo e Raquel Santos Álvarez na categoría de Fotopoema. O Premio de Textos Poéticos quedou deserto. Todas as obras formarán parte dunha exposición que será presentada en vindeiras datas, pero polo momento deixámosvos co Videopoema gañador, “A miña avoa el”

Sabedes que Carballo mirando ao mar non só organiza un concurso, senón que é unha iniciativa completísima que inclúe xornadas, encontros, actividades e incluso excursións ao litoral? E que ademais se sumou á nova moda carballesa da arte urbana? Si, amig@s, “Carballo mirando ao mar” ofrécevos as obras de divers@s artistas locais que están a plasmar en diferentes muros e paredes da vila a súa visión do mar. Non os perdades! Carballo estase a converter nunha galería de arte urbana e nós estamos encantad@s!

 1619222_355778467925876_1309431460003934758_n 11425078_574116222728822_9045954162608039681_n 11412442_574116242728820_1795762517692342531_n 11406460_574801319326979_1821975025991534911_n 11401041_574116389395472_3453166316924697979_n 11226910_457209867782425_7702911285146973286_n 11110538_574801275993650_4825314490125686620_n  1908193_574801262660318_2437635928164980242_n10422160_574487926024985_2244250840084086614_n

Pois ben, con tanta celebración e exaltación da nosa costa, a #biblioteca non podía facer outra cousa que aportar o seu gran de area ofrecéndovos unha mostra dos títulos máis senlleiros e chamativos que contén sobre mares e océanos.

É unha selección de novelas, banda deseñada, poesía, libros informativos, documentais, películas… mesmo audiocontos!! Hai para todos os gustos e para todas as idades, porque a quen non lle gusta Moby Dick? Ou 20.000 leguas de viaxe submariña? A quen non lle gustan os libros ilustrados ou de fotografías con todo tipo de criaturas mariñas, como quenllas ou mesmo polbos xigantes? Quen de vós non queda pampo mirando documentais sobre os cabaliños de mar ou baleas?

collage

IMG_20150617_121710IMG_20150617_121737_20150617124544494 IMG_20150617_121823 IMG_20150617_121753 IMG_20150617_121801IMG_20150617_121813IMG_20150617_121836_20150617124132722

Pois non esperedes máis e vide mergullarvos neste refrescante Mar de Libros!!

BOOKCROSSING: Leme e pásame!

#ABiblioPréstame,Blog

Súmate ao pracer de viaxar coa imaxinación. Viaxa cos libros!

Dende a Biblioteca Rego da Balsa poñemos en marcha esta campaña de Bookcrossing para promover o hábito de ler e fomentar o intercambio de experiencias en torno ao pracer da lectura. Benvido a bordo. Le, comenta e comparte!

LIBERA

Que é Bookcrossing?

Bookcrossing é a práctica de deixar libros en lugares públicos para que os recollan outros lectores, que despois farán o mesmo. A idea é liberar libros “na xungla” para que sexan encontrados por outras persoas e sigan circulando e atravesando tempo e espazo.

Esta iniciativa non coñece límites xeográficos e a súa meta, simplemente, é converter o mundo nunha biblioteca.

2015-04-13 16.54.41

A partir de hoxe poderás encontrar na Biblioteca algúns libros que parecen esquecidos nun recuncho do noso mostrador, pero… non é así! Son libros destinados a viaxar polo mundo e pasar por diferentes mans. Cólleos, leos e logo déixaos libres na nosa zona habilitada para que outra persoa poida pasar un anaco agradable coa súa lectura.

2015-04-13 16.55.27

Pero é máis, queremos saber que camiño segue este libro, que historia ten, cantos lugares visitou, que pegada deixou en quen o leu antes e despois de ti, e de seguro que a ti tamén che gustará sabelo. Seguirlle a pista ao libro é moi doado. Só tes que seguir estes pasos cando atopes un destes “libros viaxeiros”.

Que fago se atopo un libro que me quero levar?

  1. Entra no sitio web de BookCrossing.
  2. Introduce o código BCID (na etiqueta adhesiva da cuberta do libro) no apartado que hai na cabeceira da web.
  3. Enche a entrada no diario e que non esquezas cumprir o apartado “RESEÑA” (neste campo comentarás que che pareceu o libro).
  4. Cando deixes o libro na zona deBookcrossing da Biblioteca, é importante que volvas acceder á web e abras o despregable do campo ESTADO e marques a opción DISPOÑIBLE para que o resto de usuarios saiban que poden acceder á súa lectura. Lembra o lema de Bookcrossing: Leme e pásame!
  5. Por último, se queres doar algún libro para a nosa campaña de Bookcrossing, podes deixalo na biblioteca.

Pertencer a BookCrossing é gratuíto, pero acéptanse doazóns para manter os servidores do sitio web.

Viaxemos cos libros!

#DíadoTeatro

Blog

O próximo venres 27 celebramos o #DíadoTeatro, e como non podía ser doutro xeito, na #biblioteca estamos de festa!

Como ben sabedes, a nosa vila ten unha gran tradición teatreira, e acolle un dos máis prestixiosos festivais internacionais dedicado á dramaturxia, o #FIOT, que celebrou este pasado outono a súa XXIIIª edición, achegando a Carballo un ano máis compañías de gran prestixio como Yllana ou o maestro Rafael Álvarez “el Brujo”, que nos deleitaron con representacións de altísimo nivel. Tamén nos visitou por cuarta vez a compañía Ron Lalá, que representou “En un lugar del Quijote”, unha versión libre e contemporánea da novela de Miguel de Cervantes. Deixámosvos un vídeo do seu paso polo festival no mes de outubro, onde fan unha reflexión sobre a actualidade dos grandes clásicos.

E para facer unha merecida homenaxe a este xénero, na biblioteca preparamos para vós a mellor selección de teatro nacional e internacional, pasando dos grandes clásicos aos autores máis modernos, tanto para nen@s coma para adult@s, en clave de humor ou de terrible traxedia. Por que non vides vela?

20150323_18385320150323_124039

Destacamos entre a nosa mostra a autores e autoras galeg@s e carballes@s de especial relevancia: Manuel Lourenzo, Euloxio R. Ruibal, Francisco Taxes, Roberto Vidal Bolaño ou Xesús San Luís Romero, entre outros moitos dramaturgos imprescindibles. Non perdades tampouco os libros sobre as grandes adaptacións do teatro clásico ou universal!

Por último, non esquezades facerlle unha visita ao noso taboleiro de Pinterest dedicado ao teatro. De seguro que o atopades moi ispirador!

Sigue el tablero Teatro de Bibliotecas de Carballo en Pinterest.