CABECEIRA WORDPRESS

Semana do Libro: 2º Concurso #ABiblioPréstame

#ABiblioPréstame,Blog

Comezamos a Semana do Libro convocando a 2ª edición do Concurso #ABiblioPréstame!

Como o ano pasado, queremos celebrar a Semana do Libro dun xeito especial, polo que vos propoñemos que participedes no noso concurso #ABibliopréstame. En que consiste? Moi sinxelo!

É un concurso fotográfico a través das redes sociais Twitter, Instagram e Pinterest, no que só tedes que sacarvos unha foto co voso libro preferido, o que mellor vos representa, ou o que polo seu título ou portada reflicte o voso estado de ánimo e personalidade… Pode ser un selfie ou autorretrato, ou pode ser unha foto normal, pero sempre ten que ir acompañada do cancelo ou hashtag #ABiblioPréstame.

Deberedes subir as vosas fotos á vosa conta de Twitter, Instagram ou Pinterest, anque se non tedes, non vos preocupedes, podédesnolo dicir e subirémolo ao voso nome ás contas da biblioteca 🙂 Poderedes participar tantas veces como desexedes!

untitled-infographic

Á hora de outorgar o premio valoraranse positivamente a orixinalidade das publicacións, que sexan autorretratos fotográficos e o número de publicacións (a máis número máis posibilidades).

O prazo límite para presentar as vosas candidaturas é ata o día 24 deste mes.

A persoa gañadora recibirá un premio sorpresa!

Consultade as bases completas:

Lembramos a anterior edición do concurso coa gañadora, Zaira, que participou na nosa conta de Twitter cunha fotografía, que, a pesar de non ser un selfie, gañou pola súa orixinalidade e polo entrañable da mesma. Zaira recibiu o seu regalo (un paquete de libros de diferente xénero e temática) e posou ben contenta con el.

Sin título20150428_112243

Esperamos que vos animedes a participar e honrar ao Libro, que tantas alegrías nos da diariamente e sen o que non poderiamos vivir. Lembrade que ademais o sábado 23 será o Día do Libro e na biblioteca celebrarémolo cun obradoiro de Bookfolding. Non sabedes o que é o bookfolding? Pois non perdades o noso post dedicado a esta actividade que fixemos hai uns meses no blogue. Anotádevos, xa que as prazas son limitadas!

bookfolding.png

Celebremos xunt@s a Semana do Libro!

CARTAZbaixa

Semana do Libro e a Lectura: Da Ciencia á Ficción

Blog

A Semana do Libro e a Lectura de Carballo chega este ano á súa décima edición e faino cun programa que terá como escenario de novo o Pazo da Cultura para seguir inculcando nos máis cativos e cativas o goce de ler e imaxinar. O lema deste ano é “Da Ciencia á Ficción”, e na biblioteca Rego da Balsa non podiamos faltar á cita desta homenaxe á ciencia e ciencia-ficción.

Coa lectura aprendemos a desfrutar e coa ciencia, pois tamén. A ciencia é a expresión do pensar do ser humano que queda reflectida nos experimentos, inventos e estudos que podemos encontrar hoxe en diversos soportes. Na biblioteca, por exemplo, podedes atopar os deuvedés cos documentais máis completos e interesantes sobre o cosmos, as estrelas, a natureza, e por suposto a tecnoloxía. A quen non lle gusta descubrir os misterios do universo?

20150512_105747

Tamén na literatura podemos atopar moito saber, xa que a través das historias que nos deixan os grandes escritores e pensadores do pasado e presente podemos vivir diferentes contextos, tramas e vivencias.

collage_semana_ciencia_libro

A quen lle guste o xénero literario da ciencia ficción saberá do que falamos. Todos coñecemos as obras de Isaac Asimov e o seu mundo futurista e tecnolóxico, tamén son máxicos os viaxes polo tempo e o espazo de Julio Verne.

A ciencia é creación e na biblioteca todo é creatividade! E como mostra disto, deixámosvos este vídeo que recolle algunhas das instantáneas do pasado obradoiro do día 23 polo Día do Libro. Reciclando materiais e imaxinando, e acompañados da teoría e a práctica do “scrapbooking” os nen@s desfrutaron creando os seus propios marcapáxinas!

Desfrutade desta semana de ciencia e libros na biblioteca!