BENVID@ Á BRB

 

A Biblioteca Pública Municipal Rego da Balsa é un espazo para a cultura, o coñecemento, a creatividade e o lecer en Carballo. Un lugar libre, aberto ás novas tecnoloxías, onde tod@s sodes benvid@s, facilitando e promovendo a accesibilidade, a inclusión social, a convivencia, a alfabetización dixital  da poboación e o acceso á información.

Somos unha institución dependente do Concello de Carballo e membro da Rede de Bibliotecas de Galicia. 

 A biblioteca ten como obxectivo fomentar a creación e a promoción de hábitos de lectura achegando á poboación o coñecemento, ofertando un espazo flexible, dinámico e organizado, dispoñendo dunha colección viva, actualizada e adaptada á comunidade de Carballo e os seus arredores, e poñendo en valor e difundindo a creatividade galega.

Que queremos

Fomentar o amor pola lectura, a cultura e as manifestacións artísticas desde as primeiras idades, favorecendo a creatividade e a imaxinación. Aspiramos a ser un pilar de apoio á formación e a aprendizaxe ao longo da vida e procuramos un acceso universal á información.

Que ofrecemos

Un espazo que serve a TODA A COMUNIDADE por igual, sen importar a idade, raza, sexo, relixión, nacionalidade, lingua ou condición
social.

Consulta a nosa carta de servizos.

Para que

A fin de acadar unha sociedade e unha cidadanía libre, próspera e desenvolvida, os individuos deben estar ben informados para exercer os seus dereitos e participar activamente na comunidade. Unha democracia depende dunha educación de calidade e dun acceso gratuíto e ilimitado á información.


ubicación

Rúa Bos Aires, s/n
15100 Carballo

A biblioteca é un edificio facilmente recoñecible, moderno, funcional e accesible.
Está situada preto do centro e das saídas principais.
A zona conta con numerosos aparcadoiros gratuítos.

contacto

Contáctanos nas nosas redes sociais:

horarios

Luns
9:30 am – 8:00 pm
Martes
9:30 am – 8:00 pm
Mércores
9:30 am – 8:00 pm
Xoves
9:30 am – 8:00 pm
Venres
9:30 am – 8:00 pm
Sábado
10:00 am – 1:00 pm
Domingo
Pechado