Idiomas

Para tod@s aquel@s que esteades interesad@s en aprender outros idiomas ou se xa os dominades e queredes practicar a lectura nalgún deles, dispoñedes na biblioteca dunha sección especialmente dedicada a materiais de idiomas.

Hai un pouquiño de todo: inglés, francés, alemán, italiano…, pero se temos que facer unha especial mención é á colección en francés, xa que, ademais dos nosos fondos propios, recibimos por parte d@s amig@s da Asociación de Irmanamento de Carballo con L’Isle Jourdain unha cesión de máis de 300 materiais nese idioma para todas as idades. Estes materiais os podedes levar en préstamo igual que o resto da colección.

O obxectivo desta asociación é o de difundir e poñer en valor a cultura francófona, realizando actividades de diversa índole, todo no marco do Pacto de Irmanamento enre a nonsa vila e a vila francesa, asinado no ano 1994.

Para recoñecer os fondos desta sección debes fixarte no distintivo que levan na portada: