COVID-19

O funcionamento das Bibliotecas de Carballo estase vendo afectado pola situación de crise sanitaria que estamos a vivir por mor do COVID-19. Por iso, mentres dure a situación de risco para a saúde da población, ofrecerémosvos os seguintes servizos no noso horario habitual (de 9:30 a 20:00 h. de luns a venres e de 10:00 a 13:00 h. os sábados), pero coas seguintes puntualizacións:

PRÉSTAMO:

Se desexas levar materiais en préstamo, debes consultar no catálogo se o que che interesa figura na nosa colección e descartar que non estea prestado. No caso de que apareza dispoñible, recomendámosche que nos contactes e darémosche unha cita para que poidas vir recollelo.

Lembra que durante esta situación os materiais non estarán ao voso alcance nas baldas, xa que se trasladaron a outro espazo, polo que serán as bibliotecarias as que volos facilitarán previa petición pola vosa parte. Así pois, será de vital importacia o emprego do catálogo en liña, anque sempre podedes dirixirvos ao persoal e facerlle consultas referentes á colección.

Outra opción para visualizar materiais dispoñibles é consultar os últimos boletíns de novidades. Neles poderedes ver as portadas das últimas incorporacións á colección da biblioteca e, premendo sobre elas, visitaredes a súa ficha do catálogo, onde figura a súa dispoñibilidade.
Os boletíns de novidades están na nosa páxina de Issuu.

As condicións de préstamo serán as habituais:

  • Máximo de préstamos por persoa e biblioteca: 5 libros, 2 cedés, 2 deuvedés e 1 arquivo de ordenador.
  • Prazo de préstamo: 21 días os libros e 7 días os audiovisuais.
  • Pódese renovar o préstamo?: Si.
  • Para reservar materiais contactade con nós.

USO INDIVIDUAL DA SALA DE ESTUDO, LECTURA E USO DE ORDENADORES:

A biblioteca asignará postos INDIVIDUAIS de lectura, estudo e uso de ordenadores a aquelas persoas que o precisen durante un tempo determinado. Cada persoa que faga uso dalgún destes postos deberá facilitar os seus datos persoais á súa chegada no mostrador. Pódense reservar os postos previamente cunha simple chamada telefónica.

Os ordenadores quedan restrinxidos unicamente para uso de traballo ou estudo.

Toda persoa que permaneza nas nosas instalacións deberá utilizar máscara en todo momento e desinfectar as mans con xel hidroalcohólico ao entrar, así como se vai facer uso dalgún material ao seu dispor (prensa diaria, mobiliario…).

As bibliotecas garantizan na distribución dos seus espazos unha distancia interpersoal abonda para previr posibles contaxios.

As medidas de prevención do COVID-19 nas Bibliotecas de Carballo son as seguintes:

La imagen tiene un atributo ALT vacío; su nombre de archivo es 2.png

As Bibliotecas de Carballo resérvanse o dereito de modificar ou adaptar estas medidas por criterios sanitarios, sempre coa finalidade de garantir e preservar a seguridade de todas as persoas.

Agardámosvos!