Clásicos

Tanto na sección de literatura xuvenil (verde clara) como na sección de literatura de adultos (branca) tedes unha selección de lecturas baixo o rótulo de Clásicos.

Que consideramos clásicos?

Para nós, un clásico non ten tanto que ver co tempo que hai que o libro foi escrito, senón coa pegada que deixou para a posteridade.
Un clásico, en definitiva, é unha lectura obrigada, un libro que nalgún momento da nosa vida deberiamos ler, por ter unha especial transcendencia e valor literario.