Bebeteca

0 a 3 anos

A sección de Bebeteca é unha selección de materiais especialmente destinada a crianzas de 0 a 3 anos.

Trátase dunha zona moi confortable e atractiva para as familias, xa que o moble que contén os materiais é un gran parque con colchonetas que fará que os bebés non queiran marchar nunca!

Nela poderedes atopar libros de cartón, de texido, flotantes, con texturas e sons, que estimularán os sentidos do teu bebé e comezarán a inculcar o amor polos libros e a lectura.

Con eles, aprenderán conceptos básicos, motricidade, as súas primeiras palabras e cancións… todo un mundo de sensacións que farán que a túa crianza ame a biblioteca desde os primeiros meses!

Recoñecerás estes materiais polo seu distintivo texuelo azul que leva impresa a cara dun bebé.