4 a 7 anos

Un espazo para primeir@s lector@s e para aquel@s que aman que lles conten historias antes de durmir e desfrutar da biblioteca en familia.

Esta sección está formada por diversos mobles compactos de estanterías e de cubos onde @s cativ@s poden elixir os seus libros favoritos atendendo as divisións que lle facilitarán atopar o que buscan.

A zona está dividida en cinco seccións de materiais que reflicten as inquedanzas e necesidades d@s nen@s nestas idades:

O MEU MUNDO: Aquí atoparedes libros que tratan temas cotiáns para @s nen@s, como a hixiene persoal ou deixar o chupete. Ademais tratan outro tema, que non por ser menos “visible” é menos importante, ou menos cotián: as emocións. Por iso, encontraredes tamén libros que lles axudarán a superar os seus medos máis comúns, a prepararse para ter un novo irmán, a superar a perda dun ser querido, a xestionar a frustración…

LIBROS DIVERTIDOS: Son algúns dos materiais que máis lles gustan @s máis pequen@s. Adoitan conter despregables, crebacabezas, xogos de palabras, rimas e cancións

ANIMAIS: Os animais e a natureza son un xeito estupendo de achegar a lectura @s nen@s. A tod@s lles gusta comezar a ler con contos sobre os seus animais favoritos, sobre a natureza, as estacións, a granxa…

COÑECER: Nesta sección poderán descubrir un mundo novo de coñecemento, aprenderán novos conceptos e reforzarán todos aqueles que comezaron a ver na sección de bebeteca.

CONTOS: O mundo das fadas, os monstros e os feitizos están todos neste recuncho. Estimular a imaxinación d@s pequen@s non só é a mellor forma de desenvolver a súa intelixencia senón que ademais é a forma máis divertida e amena de que aprendan a amar a lectura.


Cada unha destas divisións conta cun distintivo, unha pegatina cun debuxo que corresponde a cada unha delas: O MEU MUNDO leva unha casiña, LIBROS DIVERTIDOS ten un pallaso, ANIMAIS leva un porquiño, COÑECER leva un número 1 con forma de serpe; e CONTOS leva a  torre dun castelo.

Deixar un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.