Existe un tipo moi particular de materiais que posúen unhas características propias e por iso requiren dunha distinción en canto á súa ubicación e tratamento.
As obras de referencia son unha parte vital da colección, xa que proporcionan unha información inmediata e puntual, suficiente e autónoma para o usuario. Conteñen todo un conxunto do saber e non están pensadas para a súa lectura continua senón para a consulta do seu contido.
Estas obras de referencia están situadas no primeiro andar da biblioteca e nesta sección podedes atopar:
- Enciclopedias
- Dicionarios
- Bilingües
- De idiomas
- De sinónimos e antónimos
- De uso
- Etimolóxicos
- Atlas





