Servizos

Seguindo a norma UNE 932000:2008, a Biblioteca Rego da Balsa de Carballo comprométese a ofertar uns servizos de calidade á cidadanía, establecendo unhas responsabilidades cos seus usuarios e usuarias. Estes servizos, que se consideran fundamentais para a poboación á que serve, son:

  • Información inmediata sobre o acceso, os servizos e os fondos dispoñibles da biblioteca.
  • Accesibilidade á información e consulta en sala.
  • Apoio á comunidade educativa, a grupos de usuari@s con necesidades especiais e a grupos minoritarios.
  • Formación de usuarios e alfabetización informativa e dixital.
  • Extensión cultural: Amplo abano de actividades culturais deseñadas para cada idade, necesidade e interese.
  • Cesión de espazos a entidades públicas ou organizacións sen ánimo de lucro, para reunións, actividades ou presentacións.
  • Servizo de referencia, orientación e asesoramento bibliográfico personalizado a todo tipo de usuari@s, presencial ou en liña.
  • Espazos dinámicos para o encontro, a cultura, o lecer e a formación.
  • Servizos en liña como o catálogo, onde se atopan os exemplares que conforman o fondo da biblioteca, ou a biblioteca dixital, unha plataforma de préstamo de materiais en formato electrónico (GaliciaLe).
  • Acceso a fontes de información como boletíns ou guías.
  • Acceso a aplicacións ofimáticas, Internet e conexión Wifi.
  • Atención a propostas de adquisicións, por parte d@s usuari@s, de materiais interesantes para o fondo da biblioteca.
  • Servizo de hemeroteca: dispoñible prensa do último mes.
  • Creación de seccións temporais ou fixas de intereses, recomendacións e interaccións directas c@s usuari@s.
  • Servizo de préstamo persoal ou colectivo (institucións públicas e entidades sen ánimo de lucro). Atención a usuari@s a través do servizo de queixas e suxestións.

2 opiniones sobre “Servizos”

    1. Ola, Kiko,
      A sala da biblioteca e un único espazo aberto, no que conviven diferentes tipos de usuarios, tanto por idade como por uso que fan dos nosos servizos, polo que non sempre poderás atopar un absoluto silencio se o precisas para estudar. Se esta fose a túa necesidade, recomendámosche acudir á Biblioteca Municipal de Carballo, situada na rúa San Xoán Bautista, orientada máis hacia o estudo, e na cal poderás concentrarte sen problemas.
      De todas maneiras, sempre serás ben recibido na nosa, e se es dos que estudan con cascos ou non precisan un silencio total, agardámoste en calquera momento. Recomendámosche probar a vir polas mañás, xa que o ambiente é máis tranquilo e adoita haber menos ruído.

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.