Xuvenil

A sección de xuvenil está dirixida a mocidade de 12 a 17 anos, aínda que esta non é unha división ríxida, tan só é unha recomendación orientativa, polo que a elección dos materiais dependerá dos gustos da persoa, así como do seu nivel lector.

@s moz@s poden acceder a calquera sección da biblioteca e poden levar en préstamo todos os materiais recomendados para menores de 18 anos ou para todos os públicos.

Os fondos desta sección da biblioteca clasifícanse en dous tramos de idades: de 12 a 14 e de 15 a 17 anos.

Os libros de 12 a 14 anos están ubicados provisionalmente na zona de 7 a 12 e levan unha etiqueta amarela. Os libros de 15 a 17 anos se sitúan nesta zona xuvenil e identifícanse pola etiqueta adhesiva de cor verde clara.

Ademais, a literatura leva unha división por xéneros diferenciada con rótulos e cores que facilita a busca: novela fantásticasocial, intriga e misterio, da vida cotiá, clásicos e outros xéneros como teatro ou poesía.

E si, aquí podes estudar, facer traballos, conectarte a internet, ver películas nos teus dispositivos e moito máis!

4 opiniones sobre “Xuvenil”

  1. Debería haber un espazo habilitado ou zona de estudo illada de ruídos para que as persoas que queiran estudar o poidan facer sen distracción algunha. ademais o horarios debería ser cando menos ininterrompido e, cando menos ampliado, tanto polas mañáns e polas tardes en épocas de exames de instituto, universidade, etc.
    Agora mesmo a biblioteca de Carballo non cumple con moitos puntos que marca a UNESCO, sei que é pronto, que acaba de ser aberta pero leva camiño de converterse na biblioteca vella de CArballo onde non cumple as as demandas da maioría dos e das cidadás, é dicir, ser útil para o cidadán.

    Gústame

  2. Boas tardes,

    Estimada María. Perdoa por contestarche con tanta demora. Comprendemos as túas queixas e agradecemos sempre que nos fagades chegar as vosas inquedanzas. A Biblioteca Rego da Balsa nace dunha necesidade na comunidade, e polo tanto cumple a súa función na sociedade. É un tipo de biblioteca, un concepto, que no estranxeiro xa se recoñece como mediateca ou biblioteca dinámica. A IFLA e a UNESCO, nos seus estudos e documentos, recoñecen os diferentes tipos existentes de bibliotecas. E esta biblioteca non está dedicada únicamente ao estudo. Está dedicada á lectura en tódolos soportes (libros, tablets, ordeadores, prensa, novela, banda deseñada, etc.), é un espazo de convivencia interxeneracional, tamén é un lugar de lecer (non sólo para ler, senon para poder escoitar música, ver películas,etc., e en definitiva un lugar no que tod@s temos acceso a cultura, non sólo ao silencio; e por último ten unha función imprescindible para romper coa chamada brecha dixital e fomentar a alfabetización dixital na sociedade como determinan as directrices bibliotecarias internacionais. Ademáis ofrecemos numerosas actividades de dinamización cultural para complementar ás que ofrecen os centros culturais xa existentes en Carballo. Pero todo é suceptible de modificarse ou adaptarse as vosas peticións, e cuestións como o horario de apertura, se tratarán axiña para poder atender as vosas necesidades o antes posible, Moitísimas grazas. Reciba un cordial saúdo.

    Gústame

  3. Queremos un espazo para o estudo. A biblioteca do centro está sarurada. Temos dereito a ter un lugar onde estudar cómoda e tranquilamente.
    Estou de acordo que haxa un espazo de cultura e lecer sobre todo para os máis cativos, era máis que necesario, pero a realidade é que nun Concello de 31000 habitantes o lugar que hai para o estudo é insignificante e os horarios, ademais de curtos non dan respostas naquelas datas máis importantes coma tempadas de exames e fins de semana, oposicións, etc.

    Gústame

    1. Tomamos nota das vosas suxestións e traballamos dentro das nosas posibilidades de espazo e de medios para dar cabida a todas as vosas necesidades. Desde a biblioteca Rego da Balsa pretendemos que a convivencia entre todo tipo de usuari@s (infantís, estudantes, lectores/as en xeral…) sexa o máis levadeira posible, e que tod@s teñades o voso sitio, aínda que sabemos que en ocasións non sempre é posible polas actividades que ofrecemos. De tódolos xeitos, dispoñedes da sala de estudos da Biblioteca Municipal e do Pazo da Cultura.
      Moitas grazas por compartir as vosas inquedanzas.

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.