
Un xénero que nos gusta moitísimo por todas as posibilidades narrativas que nos ofrece e a lectura áxil anque rica da que podemos desfrutar é a banda deseñada ou comic.
En Galicia temos grandes expoñentes da banda deseñada, como por exemplo Miguelanxo Prado, Luis Davila, Emma Ríos ou Alberto Varela Ferreiro,

No primeiro andar da biblioteca tedes a nosa sección de banda deseñada, onde atoparedes comics e novelas gráficas para todas as idades (infantil, xuvenil e adultos) clasificadas as últimas por xénero.

Cando subades, mirade ao teito e veredes o fantástico mural dedicado aos personaxes de comic, tanto dos máis clásicos como Mafalda, coma dos máis recentes, como os Bolechas. Un acompañamento perfecto para ler comodamente nun dos nosos pufs!